Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos
En que consiste?:
A persoa propietaria, posuidora ou tedora dun animal considerado como potencialmente perigoso debe obter a licenza administrativa municipal no concello onde estea empadroada.
Organismo responsable:
Ayuntamiento
Presencial
Que se necesita?:
Fotocopia do DNI
Aboamento das taxas previstas na Ordenanza fiscal núm. 1 (taxa por tramitación ou expedición de documentos administrativos) e na Ordenanza fiscal núm. 10 (taxa por prestación de servizos de sanidade preventiva, relacionados con animais de compañía)
Fotografía tamaño carné
Certificado de non ter sido sancionado por infraccións graves ou moi graves con algunha das sancións accesorias das previstas na Lei 50/1999, do 23 de decembro, de réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos. Lugar de obtención: Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente - Edificio Administrativo Monelos, praza Luis Seoane s/n. Tel.: 981 184 539 / 981 184 499
Certificado de antecedentes penais. Poderá obterse acudindo a persoa interesada á Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza, situada na rúa Alcalde Manuel Casas, s/n desta cidade (Edificio de Correos).
Certificado de capacidade física e de aptitude psicolóxica, emitido polos directores dos centros médico-psicotécnicos de recoñecemento que estean debidamente autorizados.
Xustificación da subscrición e formalización para o animal dun seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de 125.000 €, (sen franquía) por danos a terceiros, aínda que o animal sexa cedido a outra persoa para o seu coidado, sempre que esa persoa teña licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos. Este extremo acreditarase mediante a presentación dunha copia da póliza do seguro, ou ben mediante a presentación dun certificado acreditativo da compañía de seguros correspondente.
Xustificante de pago do último recibo de seguro en vigor.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible