29 de decembro de 2020
A Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil
A Xunta de Goberno local de mañá adxudicará, por valor de 401.973 euros, as obras de mellora da accesibilidade no barrio dos Castros, a través da instalación dun ascensor con cabida para 12 persoas, que evitará a pendente elevada existente na avenida da Concordia. Desde a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, apuntan que na actualidade existe un problema de accesibilidade para as e os viandantes que, desde as rúas Ortigueira ou Vila de Padrón, queiran acceder á parada de autobús da avenida da Pasaxe, debido á diferenza de cota que existe entre ambas as zonas. O novo ascensor dos Castros desembarcará nunha ampla marquesiña que se empregará como parada tanto de autobuses urbanos como interurbanos.
O Goberno local tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que esta intervención, cuxo prazo de execución é de seis meses, "foi unha das peticións que a asociación de veciños nos fixo ao Goberno local na primeira toma de contacto que tivemos coa entidade" e, lembrou, "tamén nos comprometemos a valorar a posibilidade de honrar a Rafael Bárez Vázquez nesta rúa e, efectivamente, desde a Concellaría de Cultura estamos estudando esta actuación".
Por outra banda, daráselle luz verde á tramitación anticipada do expediente para a contratación por lotes do servizo de campamentos de menores do verán e do Nadal, por un importe anual de 335.718 euros, durante dous anos e prorrogables por un ano máis. O obxecto deste contrato é prestar os servizos de campamentos municipais para menores nas súas modalidades de campamentos de día de verán e Nadal (lote n.º 1), campamentos de día de verán (lote n.º 2) e campamentos tradicionais de verán (lote n.º 3), co fin de promover a mellora do medio e a igualdade entre homes e mulleres.
O executivo local tamén aprobará o proxecto das obras no barrio de Xuxán para construír case 2.200 m² dedicados ao ocio e á práctica de distintas especialidades como a corda tirolesa, o parkour ou o skate, ademais de zonas con elementos biosaudables e unha pista multideporte. As ditas instalacións requiren un investimento de máis de 600.000 euros.
Ademais, a XGL aprobará a modificación do prego que regula a concesión de dominio público adxudicada a EMVSA para construír e explotar un complexo de servizos municipais composto por instalacións deportivas, comerciais e servizos anexos, nunha parcela situada no barrio do Castrillón.
O Goberno local tamén aceptará a concesión provisional de subvención para restaurar a Casa da Veeduría, na Cidade Vella, outorgada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao abeiro da convocatoria realizada para cofinanciar traballos de conservación ou enriquecemento dos bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do seu programa "Programa 1,5% Cultural". Rey asegurou que "é unha noticia moi importante para a cidade, xa que supón pór ao dispor da veciñanza un edificio de grande interese histórico e patrimonial" e, deste xeito, "aproveitarase o total do inmoble que até o de agora só acollía o centro cívico municipal".
Medio ambiente e Sostenibilidade
17 resultados
O 3 de abr de 2021
A concellería formulará un proxecto máis integral do que inicialmente estaba previsto dada a gran demanda recibida por parte da veciñanza
O 31 de mar de 2021
A concelleira de Medio Ambiente manifestoulles ás persoas representantes da Confraría de Pescadores da Coruña, nunha reunión mantida esta tarde no consistorio, que lles prestará apoio na súa reivindicación contra a nova proposta de modificación do regulamento europeo do control pesqueiro da frota de baixura
O 26 de mar de 2021
A alcaldesa, Inés Rey, valorou a iniciativa como “un xesto simbólico cunha razón importantísima como é a de frear o cambio climático” e lembrou que o Concello da Coruña loita a diario, “poñendo en marcha políticas sustentables”, para reducir as emisións contaminantes na cidade
O 23 de mar de 2021
Con motivo da celebración o domingo do Día da Árbore, a alcaldesa, Inés Rey, participou na plantación dun abeto con escolares da Sagrada Familia, unha iniciativa que se estenderá a todos os barrios da cidade
O 22 de mar de 2021
A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, participou hoxe na presentación da segunda fase do proxecto Unidade Mixta de Gas Renovable posta en marcha na EDAR Bens SA para obter materias renovables e traballar cara a unha transición enerxética
O 21 de mar de 2021
No encontro virtual, que terá lugar os días 23, 24 e 25 de marzo, expoñeranse distintas actuacións encamiñadas a acadar cidades máis sustentables
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible