29 de decembro de 2020
A Xunta de Goberno Local que terá lugar mañá tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil
A Xunta de Goberno local de mañá adxudicará, por valor de 401.973 euros, as obras de mellora da accesibilidade no barrio dos Castros, a través da instalación dun ascensor con cabida para 12 persoas, que evitará a pendente elevada existente na avenida da Concordia. Desde a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas e Mobilidade, apuntan que na actualidade existe un problema de accesibilidade para as e os viandantes que, desde as rúas Ortigueira ou Vila de Padrón, queiran acceder á parada de autobús da avenida da Pasaxe, debido á diferenza de cota que existe entre ambas as zonas. O novo ascensor dos Castros desembarcará nunha ampla marquesiña que se empregará como parada tanto de autobuses urbanos como interurbanos.
O Goberno local tamén aprobará a licitación do proxecto de reurbanización e humanización da rúa Rafael Bárez Vázquez, entre as rúas Javier López López e Vicente Aleixandre, cun orzamento de 658.800 euros, co fin de modernizar e mellorar a súa accesibilidade peonil. A alcaldesa, Inés Rey, sinalou que esta intervención, cuxo prazo de execución é de seis meses, "foi unha das peticións que a asociación de veciños nos fixo ao Goberno local na primeira toma de contacto que tivemos coa entidade" e, lembrou, "tamén nos comprometemos a valorar a posibilidade de honrar a Rafael Bárez Vázquez nesta rúa e, efectivamente, desde a Concellaría de Cultura estamos estudando esta actuación".
Por outra banda, daráselle luz verde á tramitación anticipada do expediente para a contratación por lotes do servizo de campamentos de menores do verán e do Nadal, por un importe anual de 335.718 euros, durante dous anos e prorrogables por un ano máis. O obxecto deste contrato é prestar os servizos de campamentos municipais para menores nas súas modalidades de campamentos de día de verán e Nadal (lote n.º 1), campamentos de día de verán (lote n.º 2) e campamentos tradicionais de verán (lote n.º 3), co fin de promover a mellora do medio e a igualdade entre homes e mulleres.
O executivo local tamén aprobará o proxecto das obras no barrio de Xuxán para construír case 2.200 m² dedicados ao ocio e á práctica de distintas especialidades como a corda tirolesa, o parkour ou o skate, ademais de zonas con elementos biosaudables e unha pista multideporte. As ditas instalacións requiren un investimento de máis de 600.000 euros.
Ademais, a XGL aprobará a modificación do prego que regula a concesión de dominio público adxudicada a EMVSA para construír e explotar un complexo de servizos municipais composto por instalacións deportivas, comerciais e servizos anexos, nunha parcela situada no barrio do Castrillón.
O Goberno local tamén aceptará a concesión provisional de subvención para restaurar a Casa da Veeduría, na Cidade Vella, outorgada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana ao abeiro da convocatoria realizada para cofinanciar traballos de conservación ou enriquecemento dos bens inmobles do Patrimonio Histórico Español, dentro do seu programa "Programa 1,5% Cultural". Rey asegurou que "é unha noticia moi importante para a cidade, xa que supón pór ao dispor da veciñanza un edificio de grande interese histórico e patrimonial" e, deste xeito, "aproveitarase o total do inmoble que até o de agora só acollía o centro cívico municipal".
Economía, Facenda e Réxime interior
16 resultados
O 17 de mar de 2021
Os peches de actividades e o confinamento supuxeron unha merma de 8 millóns de euros na suma de todas as taxas Os ingresos totais do Concello quedaron en 22,1 millóns de euros por debaixo do previsto
O 15 de mar de 2021
José Manuel Lage Tuñas: “A diferenza do que pasaba até hai ben pouco neste Concello, hoxe todos os contratos, tantos os grandes concursos como os menores, son públicos e calquera pode consultalos”
O 10 de mar de 2021
A maquinaria deixou de funcionar a principios de 2020 e necesitouse renovar moitas das pezas danadas polo paso do tempo. Pasaron xa 20 anos desde a última reforma da súa maquinaria
O 9 de mar de 2021
“Poremos orde en 40 contratos ata agora dispersos e, a diferenza do que aconteceu nos últimos anos, empregaremos criterios cualitativos para atallar a precariedade no sector”, sinalou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage
O 28 de feb de 2021
O voceiro municipal recordou que o anterior PRESCO foi o primeiro plan destas características aprobado en Galicia, do que se beneficiaron 4.351 persoas autónomas e micropemes
O 25 de feb de 2021
José Manuel Lage Tuñas expuxo hoxe o borrador coas liñas xerais do plan municipal na Comisión de Facenda. Nas vindeiras dúas semanas os grupos presentarán as súas achegas e o compromiso do Goberno municipal é facer un PRESCO co maior consenso posible.
ver máis
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible