Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2022

O Concello da Coruña publica a listaxe definitiva de concesións de bolsas comedor para o vindeiro curso

O número de bolsas concedidas ascende a 2.766, o que supón un incremento do 10 % con respecto ao ano pasado, a cifra máis alta na historia destas axudas

Poden consultarse xa, no taboleiro de edictos da web municipal, na web de Servizos Sociais e nos taboleiros dos centros cívicos, as listaxes coa proposta de resolución definitiva de concesión e denegación das solicitudes de bolsas de comedor para o curso 2022/2023

Este ano 2022, con 3.949 solicitudes, foi no que se constataron máis peticións da historia das bolsas de comedor. De todas elas, non se concederon 1.190 solicitudes. A esta denegación provisional presentáronse 152 alegacións, das que se estimaron 11 solicitudes, polo que o número definitivo de bolsas de comedor concedidas ascende a 2.766, o que supón 256 beneficiarios máis que na convocatoria 2021/2022, a cifra máis alta na historia destas axudas. 

O número de menores receptores das bolsas de comedor na cidade medrou de forma exponencial nos últimos anos, cun incremento dun 80,9 % con respecto á convocatoria 2017/2018. 

O Concello da Coruña abre un prazo de 10 días hábiles (desde hoxe, día 10, ao día 24 de agosto, ambos os dous días incluídos) para aceptar ou rexeitar a bolsa. Considerarase aceptada a bolsa por aquelas persoas que non a rexeiten expresamente.

Documentos:

Listaxes definitivas (1 MB)

Listaxe e resultado de alegacións presentadas (313 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión