Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2022

O Concello completa a primeira fase da Solaina de San Roque coa instalación de hamacas na coiraza

O proxecto contempla tamén a reparación do firme e a colocación de novos bancos e elementos que protexan do sol

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Medio Ambiente, completou nas últimas datas a primeira fase do proxecto da Solaina de San Roque, que prevé dotar esta zona de coiraza situada no Paseo Marítimo de diferentes elementos para o uso e gozo da cidadanía.

O Goberno de Inés Rey avanza deste xeito no seu programa de recuperación de zonas emblemáticas da cidade, abrindo novos espazos e dotando os existentes de mellores condicións para o seu uso por parte de todas as coruñesas e os coruñeses. Esta primeira fase da Solaina de San Roque consistiu na instalación de dez hamacas de formigón colocadas de dúas en dúas cunha mesa no medio. Estas estruturas están construídas co mesmo material utilizado na contorna e foron deseñadas e realizadas a medida coa finalidade de que a veciñanza e as persoas usuarias da cala contigua que utilizan este espazo poidan gozar dunha infraestrutura máis axeitada para tomar o sol.

O Goberno municipal adiantou esta primeira fase da Solaina de San Roque precisamente para que estivese rematada nestes meses de verán e as hamacas desen servizo a estas persoas usuarias. O seguinte paso será a colocación de novos bancos, a reparación do firme da coiraza e a instalación de elementos para cubrir do sol. As hamacas foron colocadas na orientación con máis horas solares ao día, mentres que os bancos estarán enfilados cara ao mar.

"As e os coruñeses temos o mar moi preto e é un agasallo que debemos respectar pero tamén gozar, así a recuperación do Parrote para o baño e agora esta Solaina son bos exemplos da política do goberno municipal de posta en valor do noso patrimonio natural", declarou a concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión