Concello da Coruña

Concello da Coruña

Proxectos europeos A Coruña

A Coruña e a súa relación cos fondos europeos

A UE ten o compromiso de crear máis e mellores postos de traballo e unha sociedade integradora desde o punto de vista social. O obxectivo dos Fondos Estruturais de Investimento Europeos (FEIE) é proporcionar financiamento para cumprir eses obxectivos, así como para as misións específicas de cada fondo, incluída a cohesión territorial, social e económica.

Desde a entrada de España na UE en 1985, esta cidade beneficiouse das posibilidades que ofrecían os fondos europeos, redactando, planificando e presentándose a todas as posibles convocatorias que encaixaban nos seus proxectos de cidade. Esta participación foi positiva para a cidade porque A Coruña sempre obtivo fondos europeos para financiar os seus proxectos.

  • Os exemplos máis recentes diso son os proxectos financiados en dous últimos períodos de programación, nos cales obtivemos financiamento para o desenvolvemento e execución do PROXECTO URBANA C (período 2007-2013) e a ESTRATEXIA EidusCoruña (período 2014-2020). Pero A Coruña tivo sempre unha ampla historia moi vinculada aos fondos europeos. Neste documento pódese saber máis sobre o impacto dos FEIE na nosa cidade nos últimos 36 anos.

Ademais dunha visión xenérica de poderalos Fondos europeos e de recuperación post 2020 coñecer algo máis dos fondos de Recuperación europeos NEXT Generation EU, o Plan nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) e o próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2021-2027, que marcará os próximos anos para o desenvolvemento da nosa cidade.

  • Para lanzar algo de luz sobre as axudas que a Unión Europea ofrece aos estados membros para afrontar a recuperación tras a pandemia mundial da Covid-19, ademais do arranque do novo Marco Financeiro Plurianual 2021-2027, o Servizo de Alcaldía e Estratexia Urbana elaborou a GUÍA BÁSICA: Fondos Europeos e de recuperación post 2020 para tratar de facilitar a comprensión destas novidades.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión