Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal

Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIX

Enderezo:

Rúa Río Monelos (Fórum Metropolitano) 1. 15006 A Coruña

Teléfono:

981 184 294

Fax:

981 184 295

Páxina web:

http://www.coruna.gal/cmix

Servizos:

Asesoramento educativo-profesional: formación profesional, universidade, bolsas, cursos, exames, oposicións, programas de mobilidade etc.

Asesoramento de iniciativas xuvenís: fomento do asociacionismo, cesión de espazos, préstamo de equipos audiovisuais, apoio aos grupos non formais, información sobre axudas e subvencións etc.

Servizo de orientación legal para a mocidade: dereitos de mocidade, reclamacións, temas relacionados coa vivenda, multas etc.

Zona de autoconsulta: hemeroteca, viaxeteca etc.

Zona de informática: puntos de acceso gratuíto a Internet e zona wifi.

Horario:

CMIX E SERVIZO DE ASESORAMENTO DE INICIATIVAS XUVENÍS

De luns a venres das 10.00 ás 14.00 h e tardes das 17:00 h ás 20:00 h. Sábados das 10.00 ás 14.00 h.

Titularidade: Área Municipal de Servizos Sociais, Cultura, Deportes e Educación

  • Colaboración conxunta das Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional coa Universidade da Coruña.
  • Información por correo para entidades e asociacións xuvenís da cidade.
  • Paneis e dossieres de autoinformación sobre convocatorias de: actividades, bolsas e axudas, cursos, premios e concursos, traballos e oposicións, estudos (universitarios e non universitarios).
  • Caixa de recursos.
  • Edición de guías para a mocidade e dossieres monográficos.
  • Organización de Puntos de Información Xuvenil en asociacións e colectivos da cidade.
  • Organización de Puntos de Información Xuvenil nos centros de ensinos medio e centros municipais de servizos sociais.
  • Documentación especializada en temas xuvenís.
  • Expedición do Carné Xove, Carné Internacional de Estudante, Carné Internacional de Profesor, Carné Internacional de Viaxes para a Mocidade e Carnés de Algerguista.
  • Servizo de Información de Turismo Xuvenil: viaxeteca, asesoramento sobre viaxes, expedición de carnés para a mocidade, publicación da Guía Vaivén, andarelas, concursos etc.
  • Información e asesoramento, tanto persoal como telefónico.
  • Trocos: panel de anuncios e intercambio de experiencias.
  • Difusión semanal da información de interese xuvenil e das actividades que a mocidade organiza a diversas entidades da cidade.
  • Guías monográficas sobre asociacionismo, sexualidade, estudos, temas laborais, programas europeos, viaxes...
  • Biblioteca de consulta, de temática especialmente xuvenil.
  • Hemeroteca xuvenil con diversas publicacións periódicas feitas por e para a mocidade: boletíns informativos doutros C.I.X., revistas e fanzines.
  • Viaxeteca: mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos... de toda España, Europa e América así como de varios países do resto do mundo, para que a mocidade organice as súas propias viaxes.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión