Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal

Casa das Ciencias

Enderezo:

Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Como chegar:

Teléfono:

981 189 844

Páxina web:

https://www.coruna.gal/mc2/es/casa-de-las-ciencias

Horario:

Inverno (xaneiro e febreiro):

Luns a venres: 10.00 a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 19.00 h*

* O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

Primavera (marzo a xuño):

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

Verán (xullo e agosto):

Luns a domingo: 10.00 a 20.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

Outono (setembro a decembro):

Luns a domingo: 10.00 a 19.00 h*

24 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

31 de decembro: 10.00 a 14.00 h*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado

A Casa das Ciencias é un museo interactivo, do servizo municipal Museos Científicos Coruñeses, que abriu as súas portas o 1 de xuño de 1985.

Situada nun palacete dentro do parque de Santa Margarita, conta cun planetario e tres plantas de exposicións: experiencias de física, exposición sobre péndulos e exposición sobre a astronomía nos medios de comunicación. No oco da escaleira central oscila un péndulo de Foucault.

EXPOSICIÓNS

> CEOS AUSTRAIS

Exposición fotográfica sobre os ceos do hemisferio sur, con nove imaxes tomadas en Australia, Namibia, Chile e Bolivia polo astrofotógrafo Óscar Branco Varela, na que se mostran estrelas e constelacións que non é posible observar desde as nosas latitudes.

> FÍSICA EN ACCIÓN

Xoga, sente, imaxina, pensa, sorrí, soña... Experimenta cos módulos interactivos do primeiro piso, e esperta a túa curiosidade pola física. Na Casa das Ciencias o importante non son as respostas, senón facerse preguntas: ¿pode baixarse unha costa cara arriba?, ¿como se moven as dunas?, ¿que tamaño pode alcanzar unha pompa de xabón?

> PURO SWING

A exposición Puro swing é unha colección de quince módulos interactivos para xogar e experimentar sobre aspectos relacionados co movemento dos péndulos. Súbeche a unha randeeira diferente, comprende o segredo do botafumeiro, mira como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descobre como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

> A ASTRONOMÍA COMO CHA CONTAN

A astronomía como cha contan é unha exposición sobre a forma en que os medios tratan as noticias sobre astronomía e astronáutica. A información está distribuída en seis ámbitos que cobren desde a exploración do Sistema Solar ata os achados de planetas extrasolares ou a vida dos astronautas no espazo.

> PARQUE

As sorpresas da Casa das Ciencias traspasan as súas paredes e invaden o Parque de Santa Margarita. Proba a mover unha bóla de granito de 1500 quilos cunha soa man ou sentar xunto a unha maceira clónico do de Newton, o que lle inspirou para descubrir a lei da gravidade.

PLANETARIO

>> As entradas para visitar as exposicións e o planetario da Casa das Ciencias adquírense na recepción do museo, pero se queres estar seguro de que terás sitio, reserva entrada con antelación aquí: reserva de entradas

Viaxa polo espazo e o tempo; aprende a mirar o ceo por ti mesmo e descobre todo o que esconde o firmamento.

Na escuridade do Planetario asoman as estrelas visibles a primeira ollada, a Lúa e os planetas. Os programas de astronomía e as sesións en directo achegan o universo a todos os públicos.

CARTELEIRA

Ata o 30 de xuño:

Sábados, domingos e festivos:

  • 11:30 h. «La niña que sabía caminar al revés» Castelán. De 4 a 7 anos.

  • 13:00 h. «Lévame á Lúa». Galego. Maiores de 10 anos.

  • 16:30 h. «O ceo de Cloe». Galego. De 4 a 6 anos.

  • 18:00 h. «Dinosaurios». Castelán. Maiores de 7 anos.

Do 1 de xullo ao 31 de agosto:

Todos os días:

  • 11:30 h. «La niña que sabía caminar al revés». Castelán. De 4 a 7 anos.
  • 13:00 h. «Dinosauros. Unha historia de supervivencia» Castelán. Maiores de 7 anos.
  • 17:00 h. «O ceo de Cloe». Galego. De 4 a 6 anos.
  • 18:00 h «Dinosaurios. Una historia de supervivencia» Castelán. Maiores de 7 anos.
  • 19:00 h. Sesión en directo sobre o camiño de Santiago e a Vía Láctea. Maiores de 10 anos.

As persoas menores de 4 anos non poden acceder ao Planetario.

(As proxeccións comezan á hora indicada polo que rogamos máxima puntualidade. Unha vez empezada a sesión non é posible acceder ao planetario).

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h. a 18.00 h.*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h. a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h. a 20.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h. a 19.00 h.*

24 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*

31 de decembro: 10.00 h. a 14.00 h.*

*O acceso péchase 30 minutos antes.

25 de decembro: pechado.

TARIFAS

>> As entradas para visitar as exposicións e o planetario da Casa das Ciencias adquírense na recepción do museo, pero se queres estar seguro de que terás sitio, reserva entrada con antelación aquí: reserva de entradas

> Xeneral: 2 euros. Suplemento Planetario: 2 euros.

> Reducida*: 1 euro. Suplemento Planetario reducido*: 1 euro.

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Novo, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (1 de marzo e 7 de outubro de 2022).
  • Día da Ciencia na Rúa (7 de maio de 2022).
  • Día dos Museos (18 de maio de 2022).
  • Semana da Ciencia (do 14 ao 20 de novembro de 2022)
  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 4 anos.
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado.
  • Estudantes da Universidade da Coruña, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Xornalistas, debidamente acreditados.
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
  • Membros da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos.

> Bono Tres Casas: 12 euros.

  • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo). É necesario conservar o bono en perfecto estado.

> Cartón Vente: 20 euros.

> Cartón Vente Mini*: 10 euros.

*Menores de 16 anos e maiores de 65.

  • Cartóns Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen.

VISITAS ESCOLARES

Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión