Concello da Coruña

Concello da Coruña

Servizo municipal

Aquarium Finisterrae

Enderezo:

Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Como chegar:

Autobús: Liña 3 - Liña 3A - Liña 11

Bicicoruña: Paseo marítimo (Aquarium)

Teléfono:

981 189 842

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2

Horario:

Inverno (xaneiro e febreiro):

Luns a venres: 10.00 a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado

Primavera (marzo a xuño):

Luns a domingo: 10.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

Verán (xullo e agosto):

Luns a domingo: 10.00 a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

Outono (setembro a decembro):

Luns a domingo: 10.00 a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

24 de decembro: 10.00 a 14.00 h

25 de decembro: pechado

31 de decembro: 10.00 a 14:00 h

O Aquarium Finisterrae é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salgas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por máis de trescentas especies diferentes.

EXPOSICIÓNS

> SALA ISABEL CASTELO

Está dedicada a exposicións temporais con sorprendentes imaxes de natureza e medioambiente. O seu contido renóvase varias veces ao ano.

> SALA MAREMAGNUM

É o núcleo educativo do Aquarium. Ademais de grandes acuarios, contén a OceanoSfera e decenas de elementos museísticos que propoñen experiencias interactivas.

> SALA HUMBOLDT

Dedicada a grandes exposicións temporais monográficas. O seu contido renóvase con periodicidade.

Actualmente esta sala presenta «Sexo azul», unha exposición interactiva que trata sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga. Está formada por vinte módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

> SALA NAUTILUS

É a sala máis espectacular do Aquarium Finisterrae. Foi deseñada para ofrecer unha experiencia emocional única. Está mergullada nunha gran piscina de cinco millóns de litros de capacidade e a súa decoración lembra á do gabinete do capitán Nemo a bordo do submarino Nautilus. Ao redor da sala nadan os peixes de maior tamaño do acuario, como as quenllas, corvinas, seriolas, douradas, robalizas e meros. Tamén hai bancos de caballas e xurelos. Periodicamente, en sincronía cunha música composta especificamente para esta sala por Luís Delgado, ilumínase a zona central, que alberga unha colección de diversos obxectos antigos relacionados co mar.

> TERRAZAS EXTERIORES

Completan a oferta museográfica do Aquarium. Nelas exponse a áncora do buque petroleiro Mar Exeo, que o 3 de decembro de 1992 encallou fronte á Torre de Hércules provocando unha marea negra; o Xardín Botánico, con plantas do litoral galego; o Paraíso Mariño, que recibe auga directamente do mar e onde viven tres machos de Phoca vitulina, e o Piscinarium, outra piscina de gran volume onde se atopan nove femias da mesma especie de foca.

ACTIVIDADES

Actividades e talleres das que poden gozar as persoas que visitan o Aquarium Finisterrae.

  • Alimentación de focas. Unha actividade na que público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12 e ás 17 horas.
  • «Quenllas á vista». Un taller experimental para descubrir curiosidades sobre as quenllas en xeral e en particular dos que se manteñen no Aquarium Finisterrae. Todos os días de xullo e agosto ás 18 horas na Charca das Caricias.

Estas actividades non teñen un custo adicional, están incluídas no prezo da entrada que cada persoa deba abonar para visitar o Aquarium Finisterrae.

HORARIO

> INVERNO (xaneiro e febreiro)

Luns a venres: 10.00 h a 18.00 h*

Sábados, domingos e festivos: 11.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes.

1 e 6 de xaneiro: pechado.

> PRIMAVERA (marzo a xuño)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

> VERÁN (xullo e agosto)

Luns a domingo: 10.00 h a 20.00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

> OUTONO (setembro a decembro)

Luns a domingo: 10.00 h a 19:00 h*

*O acceso péchase unha hora antes

24 de decembro: 10.00 h a 14.00 h

25 de decembro: pechado.

31 de decembro: 10.00 h a 14:00 h

TARIFAS

>> As entradas adquírense na recepción do Aquarium, pero se queres estar seguro de que terás sitio, reserva entrada con antelación aquí: reserva de entradas

> Xeneral: 10 euros

> Reducida*: 4 euros

*Menores de 16 anos; maiores de 65; persoas desempregadas, tras a presentación de documento acreditativo; Carné Novo, carné de estudante e membros de familias numerosas, tras a presentación de documento acreditativo.

> Gratis

  • Festivos locais do Concello da Coruña (1 de marzo e 7 de outubro de 2022).
  • Día da Ciencia na Rúa (7 de maio de 2022).
  • Día dos Museos (18 de maio de 2022).
  • Semana da Ciencia (do 14 ao 20 de novembro de 2022)
  • Persoas con discapacidade.
  • Menores de 4 anos.
  • Guías turísticos no desenvolvemento das súas tarefas, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Persoal docente, debidamente acreditado.
  • Estudantes da Universidade dá Coruña, tras a presentación de carné acreditativo.
  • Xornalistas, debidamente acreditados.
  • Membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
  • Membros da Asociación Española de Museólogos e da Federación Española de Amigos dos Museos.

> Bono Tres Casas: 12 euros

> Cartón Vente: 20 euros

> Cartón Vente Mini*: 10 euros

*Menores de 16 anos e maiores de 65.

    • Bono tres casas: permite o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae (só un acceso por museo); é necesario conservar o bono en perfecto estado.
    • Cartóns Vente e Vente Mini: son nominativas, permiten o acceso ás salas de exposicións da Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae durante un ano natural contado desde a data de emisión (sen límite de accesos) e será necesario presentar o DNI cada vez que se utilicen.

    VISITAS ESCOLARES

    Se queres visitarnos cun grupo escolar, consulta toda a información aquí.

    Que che parece esta sección?

    -101-101-101

    Tes un navegador demasiado antigo!

    Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

    Iniciar sesión