Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de maio de 2022

Un novo mural de Iria Fafián promovido polo Concello embelece o patio do CEIP Zalaeta

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, visitou esta mañá as instalacións do centro educativo coruñés

O concelleiro de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego, Jesús Celemín, visitou este luns as instalacións do CEIP Zalaeta, onde o Concello colaborou co centro educativo e a ANPA Berbiriana para levar a cabo traballos de mellora no patio do colexio.

Neste sentido, o Goberno municipal de Inés Rey promoveu o pintado dun mural de temática mariña relacionado cos faros, dando continuidade a intervencións previas executadas no patio do CEIP Zalaeta para fomentar a creatividade entre os máis pequenos, así como os xogos e a relación do alumnado coa natureza. 

Este novo mural, obra da artista coruñesa Iria Fafián, toma como base a iconografía mariña que forma parte da identidade do centro educativo, onde xa existen outros elementos pictóricos como un mural sobre a lenda de Hércules e a Torre, símbolos da cidade.

O concelleiro Jesús Celemín puxo en valor a colaboración entre o Concello e o centro educativo coruñés para "transformar o patio do colexio nun lugar que sexa moito máis que un espazo de lecer, axudando tamén a fomentar o talento creativo das nenas e nenos e apoiando, ademais, aos artistas da nosa terra".

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión