Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2022

Talleres gratuítos para a mocidade en centros cívicos

Este programa desenvolve accións dirixidas ao ámbito xuvenil, dentro do programa municipal de prevención de adiccións

O Concello da Coruña, desde a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación, vai levar a cabo, desde os centros cívicos, varias actividades dirixidas á mocidade, co fin de promover o lecer positivo.

Podemos atopar actividades de creación de podcast, técnicas de supervivencia e orientación, técnicas de defensa persoal, monográfico de criptomoeda e trading (prevención e riscos), xornadas multiaventuras e rutas ambientais e de orientación.

Estas actividades son de carácter gratuíto.

No documento adxunto a esta noticia pódese consultar o centro ou lugares nos que se van realizar as distintas actividades, a que idades van dirixidas, así como os horarios e as datas de inscrición.

A inscrición será en liña, a través desta ligazón e finaliza o 28 de setembro.

A admisión será por orde de inscrición, as prazas son limitadas e é necesario un número mínimo de persoas inscritas para a súa realización.

Unha vez finalizado o prazo de inscrición, pódese consultar nos centros cívicos se quedan prazas libres nas actividades que se realizan nas súas instalacións e, se a resposta fose afirmativa, pódese facer a inscrición nelas ata un día antes do comezo da actividade.

Documentos:

Cadro informativo (72 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión