Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2022

Programa de envellecemento activo

Este programa desenvolve accións dirixidas ao ámbito das persoas maiores de 55 anos, que se fan nos centros cívicos municipais.

Accións de carácter preventivo, de promoción e participación social dirixidas a persoas maiores de 55 anos.

Este programa ten como obxectivo a prevención da deterioración física, cognitiva e de saúde asociado á idade, para lograr un envellecemento activo e saudable e unha mellora da calidade de vida, prestando unha especial atención ao contexto social e á comunidade e promovendo a comunicación, a participación e o intercambio social.

No programa de Envellecemento activo realízanse accións de:

· Promoción da saúde (ximnasia de costas, "En forma bailando", paseos saudables...)

· Promoción de actividades cognitivas e novas tecnoloxías (Iniciación á realización de trámites en liña, manexo de smartphones, tablets, e iniciación ás redes sociais...)

No documento adxunto infórmase das accións do programa que se van a desenvolver no último trimestre do ano 2022, os centros nos que se van a levar a cabo, as datas e horarios de realización, a modalidade de inscrición e o número de prazas.

INSCRICIÓN:

Do 26 a 28 de setembro de 09.00 a 12.00 h e de 17.00 a 20.00 h en cada centro cívico.

A adxudicación de prazas será por orde de inscrición, que se pechará no momento en que haxa 10 inscricións e unha listaxe de agarda de 10 persoas.

Documentos:

Programa de envellecemento activo nos centros cívicos (410 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión