Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de decembro de 2019

O Goberno local apoiará a Lonxa na creación dunha marca propia que diferencie o peixe que arriba á cidade

A alcaldesa Inés Rey comprometeuse, tras a súa visita ás instalacións esta mañá, a estudar a posibilidade de dar formación sobre determinados postos de traballo vacantes

A alcaldesa, Inés Rey, visitou esta mañá a Lonxa coruñesa nun encontro en que se abordaron varias cuestións como a da formación, xa que desde o porto informaron de que hai postos de traballo que na actualidade non se chegan a cubrir. Desde o Concello, a rexedora comprometeuse a estudar o tema laboral xunto co de impulsar unha marca de seu, que lles advirta ás consumidoras e consumidores que están a mercar produto que arribou aos peiraos da cidade, unha iniciativa que sería apoiada polo Goberno local de cara a potenciar o peixe de aquí e que vai en sintonía con outras que atenden á gastronomía propia desta península, co fin de construír un corpo identitario que se diferencie pola calidade e o respecto á contorna.

Por outra parte, o Concello e a Lonxa están estudando a xestión dos residuos que que se xeran nas instalacións. Para Rey, a desta mañá foi unha visita obrigada para o Goberno municipal "co fin de manter contacto cun dos sectores estratéxicos da cidade a nivel económico, que é o sector pesqueiro, o cal xera en torno a 4.000 e 5000 empregos, e facturou o ano pasado preto de 80 millóns de euros con máis de 40.000 toneladas de peixe vendido". A alcaldesa afirmou que era conveniente ter una relación fluída e potenciar e dinamizar a presenza da Lonxa na cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión