Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2021

O Concello recupera a parada de bus no cruzamento de San Andrés coa rúa Sol

A Concellería de Mobilidade elimina o xiro que conecta San Andrés con Rúa Alta para garantir a seguridade das persoas viandantes e axilizar o tráfico

O Concello, a través da Concellería de Mobilidade, inicia  hoxe os  traballos de montaxe dunha parada modular de caucho na rúa San Andrés, 31, no cruzamento coa rúa Sol, co fin de habilitala a partir de mañá. Ademais, eliminarase a parada de bus anterior ao cruzamento, onde se instalará unha parada de taxis.

Deste xeito, explicou o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, o Goberno local responde ás demandas das praceiras e praceiros do mercado de San Agustín, comerciantes e veciñanza que levaban tempo solicitando que o bus urbano chegase de novo a esta rúa máis próxima á praza de abastos co fin de mellorar a  accesibilidade a San Agustín. "Esta actuación supón unha importante mellora para as persoas usuarias; trátase dunha pequena actuación que forma parte do proxecto do Goberno de Inés Rey para conseguirmos unha mobilidade máis eficiente e segura e impulsarmos o uso do transporte público", sinalou Villoslada.

Ademais, as persoas responsables da concellería informaron que se eliminará o xiro á esquerda que conecta San Andrés con rúa Rúa Alta, e así evitarase unha manobra que poñía en perigo a seguridade das peoas e dos peóns e que retardaba a circulación nesta vía da cidade.

Villoslada lembrou que a parada regresa a este cruzamento despois de que o Concello realizase obras de mellora na rúa Sol, onde se aumentaron os espazos peonís, se instalou mobiliario urbano e se incrementaron o número de árbores e zonas verdes.

Doutra banda, en resposta  a petición da asociación de veciños da Cidade Vella hoxe recupérase a vía de acceso desde a avenida do Metrosidero á avenida da Maestranza co fin de evitar que os vehículos circulen irregularmente e mellorar así o acceso das persoas residentes ao barrio.

Tamén se vai permitir acceder desde a rúa San Francisco ao Parrote para evitar que os coches das persoas residentes nesa rúa teñan que percorrer rúas peonís para saíren e entraren ao garaxe.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión