Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Cando:

10 de febreiro de 2021

O Concello premiará os mellores disfraces do seu Concurso In-Troido con bonos para consumir no comercio local

As coruñesas e coruñeses poderán participar no certame desde este sábado subindo fotos ás redes dos seus traxes, que deberán ser tomadas nos domicilios de maneira individual ou en familia

As coruñesas e coruñeses poderán concursar desde este sábado 13 de febreiro no certame virtual de disfraces In-Troido que organiza o Concello, a través do IMCE, co fin de que non se perda a tradición pese á situación actual de pandemia e que se respecten as medidas de seguridade marcadas pola Xunta. Deste xeito, convídase a veciñanza a que participe e suba imaxes até o día 21 dos seus traxes para que, posteriormente, un xurado valore a orixinalidade e posta en escena das e dos concursantes, que se dividirán por categorías segundo a súa idade. Estableceranse catro modalidades: nunha primeira estarán incluídas as nenas e nenos de cero a seis anos, nunha segunda estarán as e os rapaces que teñen entre sete e doce anos e unha terceira será para as/os maiores de trece anos en adiante. Ademais, a iniciativa busca a complicidade de toda a familia cunha categoría grupal-familiar, que deberá estar composta polo menos por dúas persoas conviventes caracterizadas coa mesma temática.

Haberá catro premios en cada categoría:

1.º premio: bono de 150 euros para consumir no comercio local da cidade

2.º premio: bono de 100 euros para consumir no comercio local da cidade

3.º premio: bono de 50 euros para consumir no comercio local da cidade

4.º premio: lote de produtos de Entroido de Supermercados Gadis

Por outra banda, o xurado estará composto por representantes das agrupacións de comparsas da Coruña e a participación estará aberta a todas aquelas persoas físicas, maiores de idade, empadroadas na cidade que dispoñan dunha conta aberta en Facebook, Twitter ou Instagram. Permitirase a participación de menores a través das contas das e dos seus titores e as fotos terán que ser tomadas dentro dos domicilios no tempo de Entroido de 2021. Desta forma, as persoas interesadas subirán ás redes unha instantánea súa ou cedida con permiso por outra/o convivente, e incluirán no texto o título da foto, a categoría en que participa e a etiqueta #EntroidoCoruñés ou #IntroidoCoruñés, mencionando tamén a conta do Concello da Coruña en Facebook e Twitter @Concellocoruna e etiquetando a coruna_gal en Instagram. É importante que as imaxes se suban con carácter público e que os perfís estean abertos, en función das condicións de cada rede, para que o xurado poida valorar todos os contidos enviados.

As persoas gañadoras do concurso daranse a coñecer na primeira semana de marzo a través das redes do Concello e as bases completas pódense consultar desde hoxe na páxina web do Concello da Coruña:  Bases concurso disfraces IN-troido Coruña IMCE

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión