Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de novembro de 2022

O Concello e o CHUAC impulsan unha carreira popular para conmemorar o 50 aniversario do hospital

A proba celebrarase o domingo 18 de decembro e enmárcase dentro dos actos conmemorativos do hospital, unindo as zonas sanitarias de Eirís e o Parrote

O Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Deportes, colabora co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na organización dunha carreira popular para conmemorar o 50 aniversario da fundación do CHUAC. Esta mañá presentouse a proba en Eirís pola concelleira de Deportes, Mónica Martínez, que estivo acompañada por Alejandro Ávila, director médico de Hospitalización e Urxencias do CHUAC, por Marta Martínez Bejar, subdirectora de Enfemaría del CHUAC e tamén por Maria Pilar Fernandez, presidenta da Mochila do Deporte, que colaborará co voluntariado para a carreira

A carreira terá lugar o domingo 18 de decembro a partir das 10.00 horas. Consta dun circuíto de 5.250 metros que unirá as dúas zonas sanitarias da cidade: a avenida da Lamadosa, está  o hospital universitario, e o Parrote, onde está localizado o Abente y Lago. "Presentamos un circuíto moi asequible, plano e con costa abaixo. Trátase dunha boa oportunidade para animar á xente a practicar deporte e introducirse nas carreiras populares", sinalou Mónica Martínez.

Pola súa banda, Alejandro Ávila sinalou: "Ademais da parte lúdica e social que leva implícita toda celebración, esta carreira ten como obxectivo primordial destacar o deporte como unha medida de promoción da saúde". Mónica Martínez quixo animar á cidadanía a participar nesta proba e inscribirse tamén nas carreiras organizadas polo Concello, cuxo calendario do 2023 xa está definido.

Ademais da proba absoluta, haberá carreiras de categorías inferiores, desde a sub18 ata a categoría 'Peques' para nados a partir do 2015. As persoas inscritas deberán recoller o dorsal, o chip e a camiseta no Palacio dos Deportes os días 16 de decembro (de 17.00 a 21.00 horas), o 17 de decembro (de 11.00 a 20.30 horas) ou o propio domingo 18 de decembro na zona de saída da carreira desde as 09.00 horas ata o comezo da proba e a partir das 10.00 horas para as carreiras das categorías inferiores.

Actos conmemorativos do 50 aniversario do CHUAC

O Goberno de Inés Rey implícase nos actos conmemorativos polo 50 aniversario da inauguración do CHUAC, que organiza o hospital e que se veñen celebrando durante este 2022. "O percorrido deseñouse para que sexa adecuado para persoas máis adestradas e para outras menos afeitas a correr, polo que agardamos unha gran participación", apuntou Alejandro Ávila. O Concello da Coruña e o CHUAC quixeron agradecer á Fundación María José Jove, El Corte Inglés, Progasa e Corporación Hijos de Rivera a súa colaboración para que esta carreira teña lugar.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión