Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2021

María Pita acolle desde este xoves a 16 edición da Semana da Prevención de Incendios da Coruña

O Concello presentou os distintos actos desenvoltos polos Bombeiros da Coruña en colaboración coa Fundación Mapfre

O Concello da Coruña acolleu este mércores a presentación da 16 edición da Semana da Prevención de Incendios. Esta iniciativa estará coordinada polo equipo de Bombeiros da Coruña, co apoio da Fundación Mapfre e da Asociación Profesional de Técnicos de Bomberos.

No acto estivo presente o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego, que agradeceu o labor desenvolto polo corpo de bombeiros municipal e a súa dedicación durante estes días ao traballo formativo cos máis pequenos. "A aposta do goberno de Inés Rey pola prevención e educación en materia de incendios non vai a decaer e ampliarase e mellorarase nos vindeiros anos", sinalou Juan Ignacio Borrego. No acto tamén estiveron presentes o xefe de Seguridade do Concello da Coruña, Carlos García Touriñán, e o director da área de Prevención e Seguridade Vial da Fundación Mapfre, Jesús  Monclús, ademais de varios representantes do corpo de bombeiros da cidade.

A Semana da Prevención de Incendios da Coruña comezou este mesmo mércores cun simulacro no centro de formación profesional de Someso. Pola tarde continuará cunha charla formativa no colexio Escravas. Os actos chegarán este xoves e venres á praza de María Pita con visitas escolares entre as 10.00 e as 13.30 horas. Haberá tamén un simulacro industrial este xoves no polígono de Agrela ás 12.00 horas. Polas tardes, de 17.00 a 20.00 horas, haberá unha exposición de material e un posto de atención ao público.

As actividades orientadas aos centros escolares tratarán sobre a prevención de incendios neses espazos e como actuar en caso de evacuación. Ademais das actividades interactivas para nenas e nenos na praza de María Pita, como é o caso da "casa do fume", unha estrutura inchable que simula ser unha vivenda durante un incendio, haberá obradoiros para todas as idades sobre incendios domésticos, manexo de extintores, accidentes de tráfico ou reanimación cardiopulmonar.

O sábado e o domingo continuarán as exposicións na praza de María Pita durante todo o día, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. E o luns 8 de novembro finalizarán os actos con novas visitas escolares durante a mañá e outro simulacro de incendio nun centro de formación profesional.

Documentos:

Programa completo (421 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión