Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2022

Inés Rey convoca un pleno este venres para apoiar a candidatura da Coruña á Agencia de Inteligencia Artificial e para demandar o apoio da Xunta

A alcaldesa insistiu hoxe en que “os indicadores son claros e obxectivos, e a cidade que está en mellores condicións para albergar este organismo é A Coruña”

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou hoxe que este venres se convocará un pleno extraordinario do Concello que levará como único asunto amosar o apoio da corporación á candidatura da Coruña para acoller a sede da Agencia Estatal de Supervisión de la Inteligencia Artificial (AESIA)

O Concello solicitará tamén, nese pleno, que a Xunta amose o seu apoio á candidatura coruñesa do dito organismo nacional. Xa a comezos de mes, e durante a realización do cume hispano-alemán, Inés Rey trasladoulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, o interese da cidade en acoller o mencionado organismo.

Neste sentido, a rexedora pediulle este mércores ao presidente da Xunta que abandone a ambigüidade e que explicite o apoio á cidade (é un requisito da convocatoria que as comunidades autónomas ordenen a lista de preferencias cando hai máis dunha cidade candidata) ou, de non facelo, que dea explicacións pola súa falta de compromiso coa cidade. 

"Estou segura de que temos o apoio de todos os grupos políticos da oposición para esta candidatura. E a Xunta ten que posicionarse e dicir que cidade de Galicia é a que está en mellores condicións para optar á Agencia Estatal de Supervisión de la Inteligencia Artificial", destacou Inés Rey. 

"Non entendemos a posición de ambigüidade do presidente da Xunta. Os indicadores son claros e obxectivos, e ten que posicionarse igual que fan outros presidentes de comunidades autónomas que apoian candidaturas de cidades gobernadas por partidos de distintos signos porque optan por aquela que ten as mellores condicións para albergar a sede da AESIA. Nós mantemos que a cidade que está en mellor posición para facelo é a cidade da Coruña", afirmou a rexedora.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión