11 de novembro de 2022
Coruña Corre acabará en decembro co 'bonus track' do CHUAC, pero Novo Mesoiro será a última proba válida para puntuar este mes
Só queda unha carreira apta para puntuar en Coruña Corre e os distintos campionatos individuais estarán en xogo en Novo Mesoiro, onde Álvaro Presedo e Uxía Rodríguez defenderán os seus liderados na categoría absoluta.
Despois da proba do Ventorrillo, só un punto separa o líder da clasificación masculina respecto do segundo, Abdelaziz Fatihi, con Álvaro Martín máis descolgado na carreira polo título con 13 puntos, cinco máis que os que suma Presedo.
En mulleres, lidera Uxía Rodríguez con 297 puntos, 27 menos que os que acumula Nerea Sánchez. Nati García completa o podio provisional con 344.
A sub-18 encabézana Juan Cañizo e Alejandra Gómez; a sub-16, Paula Vázquez e Juan Bouzón; a sub-14, Alba Morais e Adrián Paz; a sub-12, Lucía Ageitos e Hugo Oubel; e a sub-10, Hugo Cordal e Sara Zuluaga.
A inscrición para participar na proba de Novo Mesoiro está aberta e xa se apuntaron máis de 1.000 persoas.
31 de xaneiro de 2023
27 de xaneiro de 2023
26 de xaneiro de 2023
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible