Un espectáculo sinxelo, creado desde o sorriso, desde a delicadeza, desde o amor, que busca a relación directa, limpa, sen trampas, coas persoas espectadoras de hoxe e con todos os públicos. Un espectáculo homenaxe á vaca e aos estraños e curiosos personaxes que aínda habitan moitos pobos de Galicia e tamén, por que non dicilo, un espectáculo homenaxe a Álvaro Cunqueiro.
Recomendado para público familiar a partir de 6 anos.
Familias, Infancia
05/03/2022
Xa rematou
18:00 h
Cousas que debes saber antes de vir vernos:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persolas que accedan ao auditorio do Forum teñen que facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).
- Non está permitido sacar fotos durante a función.
- Polas súas características, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.
50 min
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
ENTRADA: 6,00 €;
ABONO FAMILIAR (3 entradas para a mesma función): 15,00 €
MENORES DE 3 ANOS: 2,00 €
- Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas diagnosticadas coa enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as persoas que se atopen en período de corentena domiciliaria por teren contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada de COVID-19.
- Evitaranse aglomeracións tanto no exterior como no interior do recinto e realizarase o acceso de maneira ordenada gardando a distancia de seguridade mínima dun metro e medio.
- En todo momento, tanto na espera, acceso e permanencia dentro do recinto, seguiranse as instrucións do persoal e deberase:
- Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o espectáculo/a proxección deben facelo con entrada.
- Unha vez que comece a proxección, non se permitirá acceder á sala.
RECOMÉNDASE:
Limitar ao máximo posible o uso dos aseos.
Actuar con responsabilidade.
IMCE
forum@coruna.gal
"Feirantes" é un espectáculo teatral baseado nas narracións de Álvaro Cunqueiro recollidas no seu libro Os outros feirantes. Como se sabe, nestas narracións aparecen reflectidas as andainas de diversos e curiosos personaxes a través dun fío condutor, dun nexo común que as interrelaciona, e este nexo non podía ser outro que unha vaca, o animal totémico da cultura rural galega.
Unha vaca, pasa de man en man, de dono en dono, de feira en feira, e acompañándoa no seu percorrido vital tomamos coñecemento das andainas destes personaxes tan próximos á realidade máxica que caracteriza a cultura galega.
Pero os días están contados para estes personaxes, para este fermoso animal. Aos poucos, todo o que significan vaise derrubando. As súas vidas perden o sentido que alentou nelas e, desorientadas, atopan caladamente o seu fin.
E no último intre pregúntanse a si mesmas cal foi o motivo, cal foi a razón que as levou a esa situación sen saída onde se atopan: Quizais a súa maneira de ser? Será que a súa innata mansedume, o seu natural conforme, as levou amodo ata a súa fin?
Intérprete: Imma António
Dirección e adaptación: Eduardo Alonso
VENDA DE LOCALIDADES
Os días 03/08/2022 ás 19:30 , 06/08/2022 ás 19:30 , 09/08/2022 ás 19:30 , 12/08/2022 ás 19:30 , 14/08/2022 ás 19:30 , 15/08/2022 ás 19:30 , 17/08/2022 ás 19:30 , 19/08/2022 ás 19:30 , 23/08/2022 ás 19:00 , 24/08/2022 ás 19:30 , 25/08/2022 ás 19:30 , 26/08/2022 ás 19:30 , 27/08/2022 ás 19:30 , 28/08/2022 ás 17:00 , 28/08/2022 ás 19:00
Dende o 22/07/2022 ata o 31/08/2022
25/09/2022
09/10/2022
Os días 13/10/2022, 14/10/2022, 15/10/2022, 16/10/2022
06/11/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible