Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Oscar Rosende & Great Straits

O día 23 de xaneiro de 2021 chega ao Teatro Colón da Coruña, a esperada estrea do novo proxecto do cantante e guitarrista ÓSCAR ROSENDE, alcumado "MARK KNOPFLER galego".

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

23/01/2021

Este evento xa rematou

Horario:

21:00 h 

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

26,00 / 28,00 / 30,00 € (1ª fila de principal, visibilidade reducida: 24,00 €) (carne xove, +65 anos, persoas desempregadas, -20 %) (Familia numerosa, - 25 % , só no despacho de billetes)

(Todos lo que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada)

(Si vostede merca entradas con desconto no despacho de billetes debe amosar o documento que acredita o desconto no momento de mercar a entrada e do acceso ao recinto no que se celebra o concerto)

(Si vostede merca entradas con desconto a través de web, debe amosar o documento que acredita o desconto no momento do acceso ao recinto no que se celebará o concerto)

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

O coñecido músico volve aos escenarios presentando a súa nova banda: "GREAT STRAITS".

Baixo o título " The great songs of dIRE sTRAITS", Óscar Rosende achéganos unha emocionante e coidada selección das grandes cancións do seu idolatrado artista. Acompañado por unha ampla banda de excelentes músicos, percorrerá, nunha extensa homenaxe, os 40 anos de fecunda carreira do artista escocés. Teremos a oportunidade de acompañalos nunha viaxe sonora que irá dende o comezo de dIRE sTRAITS en 1978 ata a actualidade, con algunha pequena sorpresa que recalará no traballo da carreira en solitario de Mark Knopfler.

Oscar Rosende, o "Mark Knopfler galego", despois de máis de 12 anos nos escenarios e 260 concertos que o levaron a xirar por España, Portugal, Alemaña, Luxemburgo e Francia coa súa anterior banda, iniciará con este concerto unha nova xira, presentando a súa renovada e ambiciosa produción, rodeado de grandes músicos co obxectivo de velar con respecto e agarimo, a mellor homenaxe posible a DIRE STRAITS e Mark Knopfler que se fixo ata o momento, interpretando os temas do artista británico con máis sentimento, coidado e fidelidade, ca nunca."

VENDA DE ENTRADAS

Despacho de billetes Pza. Ourense: de luns a venres (agás festivos) de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho de billetes do Teatro Colón: dia do concerto desde 1 h antes (só se quedan entradas dispoñibles)

Para compras online corunacultura.sacatuentrada.es

Tamén pode interesarche...

  • daniel

    Concerto Programa 13: Piotr Ilich Chaikovski - Richard Strauss

    Cando:

    26/02/2021

  • Banda de musica municipal febrero 2021

    BMMC concerto "Festivo"

    Cando:

    28/02/2021

  • Loquillo espectáculo CANCELADO

    Loquillo. El último clásico. Xira 2020 - CANCELADO

    Cando:

    06/03/2021

    Con motivo das restricións sanitarias por causa da COVID-19, o concerto de Loquillo, previsto para o 6 de marzo de 2021 no Coliseum, foi cancelado.

    Para compras en liña a través de Eventbrite e pagos no despacho de billetes da praza de Ourense con tarxeta de crédito: procederase á devolución automática do importe das localidades.

    A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen aboados.

    Para localidades adquiridas no despacho de billetes da praza de Ourense: as persoas que adquirisen a súa localidade no despacho de billetes da praza de Ourense e aboasen o seu prezo en efectivo deberán dirixirse ao despacho de billetes da praza de Ourense para solicitar que se lles devolva o seu importe. Establécese como prazo para as devolucións desde o 13 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2021.

  • Pablo López cancelado

    Pablo López Xira Unikornio

    Cando:

    10/04/2021

    Con motivo das restricións sanitarias a causa da COVID-19, o concerto de Pablo López previsto para o 10 de abril no Coliseum foi cancelado.

    Para compras en liña a través de Eventbrite e pagos no despacho de billetes da praza de Ourense con tarxeta de crédito: procederase á devolución automática do importe das localidades.

    A devolución incluirá o importe dos gastos de xestión que fosen aboados.

    Para localidades adquiridas no despacho de billetes da praza de Ourense: as persoas que adquirisen a súa localidade no despacho de billetes da praza de Ourense e aboasen o seu prezo en efectivo deberán dirixirse ao despacho de billetes da praza de Ourense para solicitar que se lles devolva o seu importe. Establécese como prazo para as devolucións desde o 13 de xaneiro ata o 15 de febreiro de 2021.

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión