"Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica".
Para público en xeral
Dende o 29/04/2022 ata o 09/10/2022
Martes a domingo
11.00 h - 15.00 h
17.00 h - 21.00 h
Pechado os luns e os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro
gratuíta
Fundación Luís Seoane
www.fundacionluisseoane.gal
info@fundacionluisseoane.gal
+34 981 216 015
San Francisco, 27, 15001 A Coruña - España
Comisarios: Valentín Roma e Cuauhtémoc Medina
Artista: Marcelo Expósito
Tras o seu paso por La Virreina Centre de l'Imatge de Barcelona, a Casa de Iberoamérica de Cádiz e o Museo Universitario de Arte Contemporánea MUAC da UNAM en Cidade de México, a exposición Nueva Babilonia. Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica, primeira retrospectiva do traballo do artista, crítico cultural e activista Marcelo Expósito chega á Coruña a través da Fundación Luís Seoane, onde permanecerá ata o próximo mes de outubro.
A traxectoria de Marcelo Expósito (Puertollano, 1966) comeza nos anos oitenta e esténdese ata a actualidade. Catro décadas nas que o autor elabora unha obra heteroxénea arredor de cuestións de índole filosófica, histórica, cultural e política. A presente exposición, cuxo título fai referencia á cidade imaxinaria do pintor holandés Constant, reúne máis de cincuenta obras que transitan pola crítica dos modelos culturais e o dominio da teoría neoliberal, a análise da estética visual do franquismo, a elaboración do relato historiográfico do final da ditadura e da Transición en España, a construción das identidades fronte aos relatos culturais hexemónicos e a actividade dos movementos sociais contemporáneos, entre outras cuestións.
A mostra inclúe ademais varias pezas producidas en exclusiva para a ocasión, como Dulces sueños de una vida mejor, para a que a Fundación Luís Seoane cedeu dous debuxos do álbum Trece estampas da traizón de Luís Seoane.
Comisariada por Valentín Roma e Cuauhtémoc Medina, "Nueva Babilonia. Designar o no un trabajo como arte es una decisión táctica" é unha coprodución de La Virreina Centre da Imatge de Barcelona, o Museo Universitario de Arte Contemporánea (MUAC) da UNAM (Cidade de México), a Casa de Iberoamérica de Cádiz e a Fundación Luís Seoane da Coruña.
Dende o 30/07/2022 ata o 28/08/2022
Dende o 05/08/2022 ata o 29/08/2022
Inauguración o venres día 5 ás 20:00 h.
Dende o 22/06/2022 ata o 09/10/2022
Dende o 05/09/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible