God Save the Queen converteuse nun fenómeno musical para as/os fans de Freddie Mercury e a súa banda. O show de "Dios salve a la reina" reúne todos os seus grandes éxitos, nunha compilación perfecta de dúas horas de maxestosidade musical.
Para público en xeral
07/07/2022
Xa rematou
20:30 h
Palacio da Ópera A Coruña . Glorieta de América s/n. 15004 A Coruña
35,00 € + gastos, segundo o sector
Quen os vira algunha vez xa sabe que God Save the Queen non ten rival á hora de invocar con todo detalle a maxia dos concertos de Queen. Con máis de vinte anos de traxectoria e o mérito de ser, en palabras de Rolling Stone, o «mellor show sobre Queen do mundo», o grupo arxentino sorprendería o mesmo Freddie Mercury coas milimétricas recreacións dos seus shows máis lendarios. Despois de participar na película "Bohemian Rhapsody" por petición expresa de Queen e 20th Century Fox, God Save The Queen volve cun novo espectáculo para celebrar os 50 anos da banda británica.
Durante o seu inigualable show teremos a oportunidade de gozar de temas de todas as súas etapas -desde o primeiro disco de 1973 ata Made in Heaven-, cambios vertixinosos de vestiario, xogos de luces propios dun concerto en Wembley, o fielmente logrado son Queen, e as destacadas actuacións dos integrantes de Dios salve a la reina coa insuperable interpretación -única no mundo- de Pablo Padín no rol de Freddie Mercury, que fan deste espectáculo o "evento do ano".
Soarán éxitos como "We Will Rock You", "We Are The Champions" e "Radio Gaga" entre outros, que nunca cansaremos de cantar.
Se cres que xa o viches todo, ponte cómodo/a e goza da mellor homenaxe a Queen de todos os tempos. Sen dúbida, o máis auténtico tributo a Queen xamais logrado.
VENDA DE LOCALIDADES
19/08/2022
20/08/2022
Dende o 15/08/2022 ata o 21/08/2022
Dende o 20/08/2022 ata o 26/08/2022
01/09/2022
Inicio de vendas desde o día 20 de xullo, ás 09.00 h en ataquilla.com e ás 11.00 h no despacho de billetes central da praza de Ourense.
03/09/2022
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible