Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Escuchando Elefantes presenta "¿Por qué siempre cantáis en inglés?"

Escuchando Elefantes. Dúas voces que chegaron a soar como unha.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

21/05/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20.00 h

* Pídese puntualidade.

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Platea: 15,00 €

Palco central: 15,00 €

Palco lateral: 15,00 €

Principal: 15,00 €

Desconto do 20% para carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas

Desconto do 25% para familia numerosa

*Para que se apliquen os descontos debe presentarse o documento que acredite a dita aplicación do desconto

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

Será de OBRIGADO cumprimento:

• O uso de máscara (excepto aquelas persoas exentas pola lexislación vixente).

• Lavar as mans con xel hidroalcohólico á entrada e á saída do edificio.

• O uso da butaca asignada polo persoal da sala. Non está permitido o desprazamento, salvo que o persoal da sala o autorice.

• Manter a distancia de seguridade, sobre todo á entrada e á saída para evitar aglomeracións.

• Respectar a sinalización.

• Seguir en todo momento as indicacións do persoal da sala.

RECOMÉNDASE:

• Limitar o máximo posible o uso dos aseos.

• Actuar con responsabilidade.

A dinámica e forza que lle transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinead O'Connor, entre outros.

En 2012 publican o seu primeiro álbum de estudo editado de forma totalmente independente, recibindo unha xenerosa acollida por parte do público que encheu a capacidade das salas. Acompañado dunha gran repercusión mediática, 'Show & Tell' soou nun gran número de países e festivais.

En 2014 despois de gravar en España, Irlanda, USA e UK presentan o seu segundo traballo "Happy Lonely People" nun abarrotado Teatro Colón. Repetindo o éxito do seu primeiro álbum e engadindo nomeamentos e premios.

A finais de 2016 Sílvia e Carlos cambian o formato da banda e comezan a intercambiar instrumentos no escenario tocando ambos as baterías e guitarras, o que os leva a un son máis eléctrico e enérxico. Nese mesmo ano, realizan a gravación do seu terceiro álbum "Hope", que se publicou en marzo de 2017.

Antes de acabar 2017, mentres o grupo continuaba a súa xira un accidente de coche en Francia paralizou a actividade de Escuchando Elefantes ata retomar os directos coa súa xira "We are fine, thank you" en mostra de agradecemento ao apoio do público. Case a totalidade deses concertos pecháronse con entradas esgotadas.

En 2020 nace outro cambio de rumbo. A banda publica o single "Ahora" e anuncia un novo disco "¿Por qué siempre cantáis en inglés?" o seu primeiro traballo en castelán que se publicou o 19 de febreiro de 2021.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: corunacultura.sacatuentrada.es
  • Venda telefónica: 662 867 109
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente días de espectáculo desde 2 horas antes do inicio (sempre que queden localidades dispoñibles)
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: (excepto festivos) de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e os venres de 10.00 h a 15.00 h

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión