Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Campamentos de verán mc2 e mc2+

Haberá dous campamentos, un para participantes de entre 12 e 14 anos e outro para mocidade de 15 a 17 anos.

A quen vai dirixido?:

Campamento «mc2», para persoas de 12 a 14 anos, ambos incluídos

Campamento «mc2+», para persoas de 15 a 17 anos, ambos incluídos

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/06/2021 ata o 30/07/2021

Inscricións:

Publicadas as listas de persoas admitidas

Horario:

De luns a venres de 10.00 a 14.30 horas.

Os días festivos non haberá campamento.

Duración:

Quenda 1, do 28 de xuño ao 2 de xullo. Quenda 2, do 5 de xullo a 9 de xullo. Quenda 3, do 12 de xullo a 16 de xullo. Quenda 4, do 19 de xullo a 23 de xullo. Quenda 5, do 26 de xullo a 30 de xullo

Número de prazas:

90 prazas, 9 prazas en cada quenda e grupo

Prezo:

29,09 euros por participante en cada quenda.

Requisitos:

Para obter praza terán preferencia aquelas e aqueles menores empadroadas/os no Concello da Coruña e aqueles/as cuxos/as proxenitores/as estean ambos traballando, ou teletraballando no caso de familias monoparentais.

Páxina web:

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2021

Documentos:

Dinámica do sorteo de prazas (61 KB)

Os Museos Científicos acollen dous campamentos, un para participantes de entre 12 e 14 anos e outro para mocidade de 15 a 17 anos. Haberá cinco quendas que comezarán entre o 28 de xuño e o 26 de xullo, unha por semana, na que participarán dous grupos de 9 persoas por cada campamento: «mc2» e «mc2+».

Os campamentos realizaranse no Aquarium Finisterrae e na Domus. As persoas participantes poderán realizar actividades relacionadas co mar e os habitantes mariños do Aquarium Finisterrae. E na Domus participarán en actividades de tecnoloxía no espazo «maker@domus», en talleres de experimentos no «Laboratorio Aberto» e moito máis. Unha combinación única de lecer e ciencia para pasar unhas mañás diferentes.

  • Consultar a información completa, incluíndo o protocolo Covid-19, no documento PDF.

Campamento «mc2» (de 12 a 14 anos)

O campamento organízase da seguinte maneira: luns, martes e venres no Aquarium Finisterrae; mércores e xoves na Domus.

Campamento «mc2 +» (de 15 a 17 anos)

O campamento organízase da seguinte maneira: luns, martes e venres na Domus; mércores e xoves no Aquarium Finisterrae.

>> Cronograma dos campamentos «mc2» e «mc2+» <<

Preinscrición: 24, 25 e 26 de maio. Finalizada

Listas de preinscricións admitidas: 31 de maio

Reclamacións de listas de persoas preinscritas: 1, 2 e 3 de xuño. Para realizar as reclamacións hai que escribir ao enderezo de correo electrónico reservas@casaciencias.org, indicando no asunto «Reclamación Campamentos». Tamén se pode chamar aos teléfonos 981 189 840/ 981 189 842 / 981 189 844.

Sorteo de prazas: 4 de xuño

Listas de persoas admitidas: 10 de xuño. Consultar aquí.

Inscrición e aboamento da cota: do 11 ao 15 de xuño, en efectivo, na recepción da Casa das Ciencias e da Domus, no horario de apertura destes centros

Inicio dos campamentos: a partir do 28 de xuño.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión