Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Bebescena 2022: BOB MARLEY PARA BEBÉS, de La Petita Malugaluma

Espectáculo que xira arredor da voz, da música e do movemento.

A quen vai dirixido?:

Familiar con bebés, a partir de 6 meses

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

06/11/2022

Horario:

11.00 / 12.00 e 13.00 h

Duración:

35 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €;

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

• Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo debe facelo con entrada independentemente da idade que teña ou de ocupar ou non butaca

• Non se admiten cambios nin devolucións das entradas

• Non está permitida a entrada ao recinto no que terá lugar o espectáculo con comida nin bebida excepto auga

• Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos espectáculos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante nin ao finalizar o espectáculo sen a autorización da organización

• Unha vez comezado o espectáculo non se permitirá o acceso á sala

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

BOB MARLEY PARA BEBÉS é a segunda parte da triloxía que La Petita Malumaluga iniciou co éxito internacional "Bitels para bebés" (concerto tributo a The Beatles). Música, danza, participación, tecnoloxía, reflexión e novas linguaxes escénicas para o público máis esixente: a primeira infancia e as súas familias.

Catro bailarinas que cantan, ou catro cantantes que bailan, e unha violonchelista que interpretan sofisticados arranxos vocais dos grandes temas de Bob Marley, unha das principais iconas culturais afro-americanas do século XX. Unha explosión de enerxía cantada e bailada, onde o público, situado no interior dunha escenografía inmersiva a 360 graos, é o protagonista en todo momento.

Nesta ocasión, La Petita Malumaluga propón crear pontes entre as reivindicacións panafricanistas e de igualdade de Marley, e as causas feministas en varias etapas da vida da muller e en diferentes rexións do mundo.

https://vimeo.com/582985572

Intérpretes: Daniela Fumadó, Ona Pla, Elsa Meneses, Sara Sambola e M. Rosa Ponsa

Autoría, dirección e dramaturxia: Albert Vilà e Eva Vilamitjana

Dirección musical: Albert Vilà

Dirección vocal: Tanja Schilinski

Coreografía: Eva Vilamitjana

Vestiario: AiCarmela.

**Espectáculo con aforo reducido

VENDA DE BILLETES

  • Venda online: www.ataquilla.com

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión