Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Bebescena 2022: A trompa non só é cousa de elefantes... concerto para bebés de Catro Cores Cuarteto

Espectáculo musical e teatral

A quen vai dirixido?:

Familiar con bebés, a partir de 1 a 4 anos.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

03/04/2022

Xa rematou

Estado do evento:

Entradas esgotadas

Duración:

30 min

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada: 6,00 €;

Abono familiar (3 entradas para a mesma función): 15,00 €

Menores de 3 anos: 2,00 €

Televenda:

Ataquilla.com

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao recinto en que terá lugar o espectáculo deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida (exceptuando auga).

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Capacidade reducida.

Organiza:

IMCE

Contacto:

agora@coruna.gal

O cuarteto de trompas Catro Cores presenta un espectáculo musical e teatral para as e os máis pequenos, onde aprender e descubrir pouco a pouco a forma e as sonoridades dun instrumento musical: a trompa.

As partes deste instrumento están agochadas polo escenario e as instrumentistas terán que atopalas para poder facer música con el.

Finalmente construirán a trompa e con ela xogarán coas cores e as melodías de diferentes pezas musicais nun concerto que estimula os sentidos da vista e o ouvido, onde a trompa será a canle para crear diferentes ambientes e movementos.

Creación e intérpretación: Catro Cores, Mónica García, Aida Lozano, Ana Vergara e Alma Sarasola.

Dirección escénica: Laura Sarasola

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com

  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres de 11.00 a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h.

  • Despacho de billetes do Ágora: desde unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión