Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Asociación Cultural Donaire. Adonáirate meu ben!

PROGRAMACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA. DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2021

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

27/06/2021

Este evento xa rematou

Horario:

20:00 h 

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

Televenda:

Corunacultura.sacatuentrada

Requisitos:

  • Non poderán acceder ao evento aquelas persoas con síntomas compatibles coa COVID-19, aquelas ás que se lles diagnosticase a enfermidade e que non finalizasen o período de illamento ou as que se atopen en período de corentena domiciliaria por ter contacto estreito con algunha persoa con síntomas ou diagnosticada da COVID-19.
  • Evitaranse aglomeracións tanto fóra como dentro do local. Accederase de forma ordenada gardando a distancia de seguridade mínima de metro e medio.
  • Na espera, acceso e permanencia no interior do recinto, atenderanse as instrucións do persoal en todo momento e deberase:
    • Usar máscara de forma obrigatoria
    • Prestar atención e cumprir a información da cartelaría e das persoas responsables da seguridade.
    • Prestar atención e respectar as sinalizacións en canto a distancias de seguridade, sentidos de circulación, localización, espera de quenda etc.
    • Aplicación de solución hidroalcohólica nas mans ao entrar e ao saír das dependencias e dos aseos.
  • Todo o que acceda ao recinto no que terá lugar o espectáculo / proxección debe facelo con entrada

RECOMÉNDASE:

Limitar o máximo posible o uso dos aseos.Actuar con responsabilidade.

Realizaremos unha pequena mostra de como era a vida no século XIX e comezos do XX no rural galego, pasando polos diferentes ciclos do ano e tamén da vida (cantos e bailes de matrimonio, arrolos, de arrieiro...).

Houbo un momento no que o tempo non costaba diñeiro, costaba só o traballo ben feito, a labor útil, ou o froito que daba a terra ben tratada. Os oficios e traballos, pegados á terra, eran unha filosofía de vida, marcas de pertenza á comunidade, eran a vida mesma que sempre ía acompañada de música.

Será dunha actuación altamente dinámica, na que a música e o baile non pararán en ningún momento, creando un espectáculo atractivo para o espectador.

Utilizaranse varios vestuarios, nun intento de que durante a actuación se perciba un repaso dos distintos estilos que temos en Galicia.

Faranse breves presentacións para que o espectador poida sumerxirse de cheo na maxia deDonaire, sendo partícipe de primera man.

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión