Concello da Coruña

Concello da Coruña

Informe de avaliación de edificios (IEE)

O Título VI da xa derrogada Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística de Galicia introduciu no seu artigo 200 a regulación da Inspección periódica das construcións para determinar o seu estado de conservación, remitíndoa ao seu desenvolvemento mediante Ordenanza Municipal, o que se realizou no concello da Coruña mediante a aprobación da OMCR no ano 2006, que incluíu a súa regulación no seu Título III (artigos 27 a 40).

As Inspeccións Técnicas de Edificios introducíronse posteriormente no marco normativo estatal a través da súa regulación nos artigos 21 e 22 do Real Decreto-lei 8/2011, de 1 de xullo, de medidas de apoio aos debedores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa, posteriormente trasladada aos artigos 4, 5 e 6 da Lei 8/2013, de 26 de xuño, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas.

A Sentenza do Tribunal Constitucional 143/2017 de 14 de decembro, que declarou inconstitucionais e nulos os artigos 4, 5 e 6 da Lei 8/2013, e cuxo efectos se trasladaron aos artigos 29 (apartados 2 a 6) e 30 do Real Decreto Lexislativo 7/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Chan e Rehabilitación Urbana, supuxo deixar sen marco lexislativo a Inspección Técnica dos Edificios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, posto que a actual Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do chan de Galicia non contempla a súa regulación.

Esta situación mantívose ata a entrada en vigor da Lei 1/2019, de 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia (DOG nº 83, do 2 de maio), que incluíu nas súas disposicións xerais a regulación dos Informes de Avaliación dos Edificios no ámbito da Comunidade Autónoma, a través dos seus artigos 5 a 10. Con todo, o contido do seu artigo 6.2 impedía a súa aplicación directa, remitindo a desenvolvemento regulamentario o contido detallado, a estrutura, o alcance e os efectos derivados dos informes de avaliación dos edificios.

O 20 de abril de 2021, no DOGA nº 73 a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica o Decreto 61/2021, do 8 de abril, polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e créase o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.

Este Decreto regula o Informe de Avaliación de Edificios como instrumento que acredita a situación en que se atopa un edificio, en desenvolvemento do previsto no capítulo II do Título Preliminar da Lei 1/2019, de 22 de abril, de Rehabilitación, Rexeneración e Renovación Urbana de Galicia.

Este Decreto entrou en vigor no prazo dun mes desde a publicación o Diario Oficial de Galicia, é dicir, o 20 de maio de 2021.

Pode descargar este Decreto na seguinte LIGAZÓN

De acordo co establecido na disposición transitoria primeira do antedicho decreto 61/2021:

  • Respecto dos inmobles catalogados, o prazo máximo para a presentación do IEE será, en todo caso, o fixado nesa disposición, isto é, un ano desde a entrada en vigor da norma, prazo que finaliza o 20/05/2022.
  • Respecto do resto de inmobles que están obrigados a presentar o IEE segundo esa norma, este Concello, dadas as características do seu parque inmobiliario, acóllese á posibilidade prevista na disposición transitoria primeira para o establecemento dun calendario de presentación gradual, que será definido nunha nova ordenanza de próxima aprobación; sen exceder en todo cado do prazo máximo establecido no decreto autonómico (20/05/2024).

Para máis información sobre a regulación autonómica pode acceder ao apartado relativa ao IEE na páxina web do Instituto Galego de Vivenda e Chan (IGVS) a través da seguinte LIGAZÓN:

PÁXINA INFORMACIÓN INFORME AVALIACIÓN DE EDIFICIOS (XUNTA)

Se desexa obter máis información sobre este procedemento no Concello da Coruña pode poñerse en contacto a través do servizo de consultas dispoñible na seguinte LIGAZÓN

Solicitudes

Normativa municipal

  • [GAL] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (140 KB)
  • [CAS] OMR de axudas para a conservación e rehabilitación (338 KB)
  • [GAL] TR Ordenanza de conservación e rehabilitación (492 KB)
  • [CAS] TR Ordenanza de Conservación e Rehabilitación (805 KB)
  • OMR de axudas para mellora estética no ámbito PEPRI (183 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión