No mandato 2019-2023, o Pleno na sesión extraordinaria e urxente do 8 de xullo de 2019, acordou por unanimidade o réxime de retribucións, asistencias e indemnizacións do persoal da Corporación, que foi recollido no BOP do 12 de xullo de 2019.
AXUDAS DE CUSTO
As e os membros da Corporación teñen dereito a percibir as indemnizacións (axudas de custo) por gastos de viaxe que se produzan no desenvolvemento das súas tarefas. Estes gastos, previamente autorizados, serán aboados polo importe efectivamente realizado e deberán ser xustificados.
ASISTENCIAS
Ademais, as persoas membros da Corporación que non teñan dedicación exclusiva nin dedicación parcial poden percibir asistencias pola concorrencia ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte, segundo estas contías:
En todos os casos, se nun mesmo día se realizan dúas ou máis sesións, considerarase unha única asistencia.
RETRIBUCIÓNS
Tamén as e os membros da Corporación poden percibir retribucións polo cargo electo que ocupan en réxime de dedicación exclusiva ou de dedicación parcial, aínda que calquera delas será incompatible con outras retribucións ou percepcións (art. 75 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL).
Se ás persoas membros da Corporación se lles recoñece a dedicación exclusiva, quere dicir que se lles esixirá dedicación preferente ás tarefas propias do seu cargo aínda que sen prexuízo doutras ocupacións marxinais que non poderán minguar a súa dedicación á Corporación. Se son remuneradas, terán que realizar unha declaración formal de compatibilidade por parte do Pleno. Así mesmo, terán a posibilidade de optar entre percibir este réxime retributivo ou o doutros organismos e institucións.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible