Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Todas as administracións públicas réxense, no relativo á contratación con terceiros, segundo as diferentes modalidades e tipos de contratos existentes, pola Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, publicada no BOE núm. 272 do 09/11/2017
Recóllense a continuación aqueles apartados que consideramos de meirande interese:
Normativa municipal
Ademais da indicada lei de contratación pública, de obrigado cumprimento para todas as administracións, o Concello da Coruña publicou outras instrucións en materia de contratación que se poden consultar no apartado "Normativa municipal", sección "Instrucións":
Perfil do contratante
A súa regulación recóllese no art. 63 da Lei de contratos do sector público mencionada anteriormente. Establécese co fin de asegurar a transparencia e o acceso público (vía web e de fácil acceso) á información relativa á actividade contractual da administración correspondente, e poderá incluír calquera dato ou información referida aos concursos públicos (anuncios, licitacións abertas ou en curso, documentación requirida, contido dos pregos, procedementos anulados...), e outra información útil de tipo xeral (forma de contacto e horario do órgano de contratación).
Pódese acceder a esta información a través da Sede electrónica do Concello da Coruña para o caso de licitacións anteriores ao 9 de marzo de 2017.
Pode acceder á información contractual desde o 9 de marzo na Plataforma de contratación do Sector Público.
Modelos de procedementos abreviados simplificados
En aplicación da apartado "racionalización e axilización da actividade contractual" do Concello da Coruña, recollido na Instrución sobre a actividade contractual do Concello da Coruña , o servizo de Contratación elaborou tres modelos de procedementos abreviados simplificados ("sumarísimos") correspondentes aos contratos de obras, servizos e subministracións, como referencia para os seus futuros procedementos de contratación.
Estes modelos foron ratificados pola XGL na sesión extraordinaria e urxente do 7 de febreiro de 2020:
Mesa de Contratación
Regúlase o seu funcionamento e composición na lei estatal de contratos (art. 326 e disposición adicional segunda, apdo. 7). Esta Mesa de Contratación será o órgano competente para valorar as ofertas presentadas aos concursos licitados e é de existencia obrigatoria.
Estará constituída por unha presidencia, as vogalías que se determinen, e unha secretaría designada entre o persoal funcionario. A súa composición permanente para o mandato 2019-2023 é a seguinte:
Características:
Publicación mensual da formalización de contratos
Segundo o establecido no art. 154.1 da Lei de contratos, pode acceder á información sobre contratos formalizados desde o 9 de marzo de 2018 na plataforma de contratación do sector público, e tamén desde a páxina de Contratos formalizados
Publicación dos contratos menores
Para cumprir co establecido, publícanse os contratos menores formalizados por este concello.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible