CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Campamento Do Nadal ENKI
  • Idade: 3 - 10 anos.
Data: Dende o 27/12/2021 ata o 07/01/2022

60 euros por semana.

Localización do campamento:

Colexio Escravas do Sacro Corazón de Jesús: Paseo Rda., 57, 15011 A Coruña.

Inscrición neste formulario

Contacto:

ENKI

Tlf: 881 243 819

E-correo: info@enkiproyecto.com

Campamento ENKI Pola Cidade
  • Idade: 11 - 16 anos.
Data: Dende o 27/12/2021 ata o 07/01/2022

95 euros por semana.

A oferta varía en cada período, incluíndo actividades como scape room, iniciación á orientación, saídas escalada, ploggin, etc.

Punto de encontro: 

Colexio Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús: Paseo Rda., 57, 15011 - A Coruña.

Inscrición neste formulario

Contacto:

ENKI

Tlf: 881 243 819

E-correo: info@enkiproyecto.com

Campamentos urbanos de Nadal 2021- Fórum e Ágora. Viquingos obxectivo Galicia
  • Nenas e nenos nacidas/os entre 2010 e 2017, agrupados por idades.
  • Os grupos serán de entre 10 e 12 participantes (pendentes das instrucións que a Xunta de Galicia poida cambiar ao respecto).
  • Reservarase o 5% das prazas para solicitantes con diversidade funcional en grao que lles permita participar nas actividades motrices co grupo. Non se acometerán tarefas que requiran funcións médicas ou hixiénico-sanitarias...
Data: Dende o 22/12/2021 ata o 07/01/2022Data de inscriciónDende o 01/12/2021 ata o 03/12/2021
  • Só campamento: 35€
  • Para as opcións con ampliación horaria:
    • - Opción A: 45€
    • - Opción B: 42,50€
    • - Opción C: 40€
    • - Opción D: 42,50€
    • - Opción E: 38€

Lugares

  • Fórum Metropolitano. R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña
  • Centro Sociocultural Ágora. R/ Lugar da Gramela, 17. 15010- A Coruña

INSCRICIÓN

Os días 1, 2 e 3 de decembro, mediante inscrición directa a través do formulario que se pode atopar na páxina web www.coruna.gal/cultura, até cubrir as prazas.

Unha vez cuberto o formulario, recibirá a confirmación da praza, pendente de que vostede realice o ingreso correspondente no seguinte número de conta: ES81 2080 0380 6230 4000 5657 e nos envíe o xustificante de telo feito ao seguinte enderezo de correo electrónico: forumagora@serviplus.org (terán de prazo até o 8 de decembro).

A partir do día 9 de decembro, ofertaranse as prazas libres.

REUNIÓN INFORMATIVA

Por mor da situación sanitaria actual, non haberá reunión informativa presencial coma outros anos. Toda a información relacionada co funcionamento do campamento será enviada por correo electrónico ao enderezo desde o que se realiza a inscrición, dous días antes do comezo do dito campamento.

Contacto:

010 teléfono información municipal

e-correo: forumocio@coruna.es