Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

A formación para o emprego para persoas desempregadas e traballadoras

O Sistema de Formación para o Emprego ten como obxectivo capacitar ás traballadoras e os traballadores para o desempeño cualificado das diversas profesións, facilitando o acceso ao emprego. A participación é gratuíta.

Formación para persoas desempregadas

É a oferta formativa dirixida a desempregados principalmente, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. A realización destes cursos, permitirá, nalgúns casos, a obtención dos Certificados de profesionalidade .

Por outra banda, os traballadores desempregados que participen nas accións formativas, e segundo os casos, poderán percibir axudas en concepto de transporte, manutención e aloxamento.

Onde procuro formación?

  • Servizo Público de Emprego (Xunta de Galicia).

    Programa anualmente accións formativas para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego Galego: https://emprego.xunta.gal/

  • Centro Municipal de Emprego (Concello da Coruña).

    Programa anualmente accións formativas para persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego Galego: https://www.coruna.gal/emprego.

  • Outros programas de emprego.

    Existen outras entidades que teñen os seus propios programas de emprego. Podes consultar na nosa web cales se van a poñer en marcha na Coruña: /informacionxuvenil/gl/convocatorias

  • Formación para persoas traballadoras.

    Nas actividades formativas para traballadores hai unha cota para desempregados. Se interésache algún curso, ponche en contacto coa entidade que o organiza.

Formación para persoas traballadoras

Persoas traballadoras, autónomas e pertencentes á economía social, tamén teñen dereito a formación gratuíta. Esta formación pode ser de dous tipos:

  • a formación programada polas propias empresas.
  • e a formación para persoas traballadoras ocupadas. A través dela terás acceso á oferta formativa do teu sector de actividade e ás accións transversais afíns a todos os sectores.

¿Onde busco formación?

  • Na formación programada polas empresas, debes consultar na empresa para a que traballes.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión