Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Quero traballar nunha Administración

Que son as oposicións?

É a maneira en que as Administracións Públicas seleccionan ao seu persoal.

Que tipos de Administracións Públicas hai?

  • A Administración Xeral do Estado (Ministerios, Direccións Xerais...).
  • As Administracións das Comunidades Autónomas (Consellerías, Secretarías Xerais...).
  • As Administracións das Entidades Locais (Concellos, Deputacións...).
  • Os Organismos Públicos, Axencias e demais Entidades vinculadas ou dependentes de calquera das Administracións Públicas.
  • As Universidades Públicas.

Que tipos de persoal hai?

  • Acodes funcionarias de carreira: Son as que, tras pasar por un proceso de selección, incorpóranse ao servizo da Administración para o desempeño de servizos profesionais retribuídos de carácter permaente. Están rexidos polo Estatuto Básico do Empregado Público. Estrutúranse nos seguintes grupos e subgrupos, segundo as súas funcións e os requisitos de acceso:
    • A1: Titulación universitaria. Desempeñan fundamentalmente tarefas de dirección e alta xestión.
    • A2: Titulación universitaria. Responsables de tarefas de execución e xestión.
    • B: Técnico Superior. Tarefas sen determinar
    • C1: Bacharelato ou técnico. Realizan traballos de carácter administrativo, contable, mantemento dos arquivos...
    • C2: Graduado en ESO. Encárganse de tarefas administrativas de apoio, atención ao público...
    • Agrupacións Profesionais: Sen requisitos de titulación.
  • Acodes funcionarias interinas: Son as nomeadas para substituír a persoal funcionario con carácter temporal por razóns de necesidade e urxencia.
  • Persoal Laboral: traballadores ao servizo da Administración contratados por esta de acordo coa lexislación laboral (Estatuto dos Traballadores).

Que tipos de oposicións hai?

Hai varios procedementos de acceso:

  • OPOSICIÓN: Celebración dunha ou máis probas para determinar a capacidade e a aptitude dos aspirantes e fixar unha orde de puntuación. O temario do exame e as probas especifícanse nas bases da convocatoria.
  • CONCURSO MÉRITOS: Neste caso o que se valoran son os méritos dos aspirantes (horas de formación, tempo traballado nas administracións...). A adxudicación de puntos regúlase a través dun baremo que aparece publicado nas bases da convocatoria.
  • CONCURSO - OPOSICIÓN: Sistema mixto no que se combinan os dous anteriores: exames e valoración de méritos.
  • LISTAXES DE CONTRATACIÓN: Tamén chamadas bolsas de traballo. É un sistema de contratación directa do persoal a partir dunhas listaxes previamente elaboradas, e que poden ser de dous tipos:
    • Abertas: Algúns organismos abren listaxes de contratación de distintos perfís profesionais nas que se pode apuntar calquera persoa que cumpra as condicións e requisitos que se establecen para o posto de traballo. A selección faise mediante a valoración do curriculum e os méritos alegados (títulos académicos, cursos especializados, experiencia ou anos traballados para a administración...).
    • Pechadas: Son aquelas que se forman coas persoas que aprobaron unha oposición pero que non chegaron a conseguir praza.

Cal é o procedemento das oposicións?

Na Administración Pública a selección comeza coa aprobación e publicación da Oferta de Emprego Público (OEP) na que se establecen as necesidades de recursos humanos, é dicir, que prazas é necesario cubrir. As regras que serán de aplicación nese proceso de selección (requisitos, solicitudes, sistema selectivo, exercicios, cualificación, programa...) quedan plasmadas nas bases da convocatoria posterior, que ademais será o momento no que os e as aspirantes presenten as solicitudes para participar. Despois realízanse as probas, onde os aspirantes a eses postos de traballo teñen que superar uns exercicios eliminatorios.

Onde se publican as convocatorias?

OEP e convocatorias teñen que aparecer publicadas nos correspondentes boletíns oficiais:

  • Boletín Oficial do Estado (BOE), prazas da Administración do Estado, os seus organismos autónomos e universidades.
  • Diario Oficial de Galicia (DOG), prazas da Xunta de Galicia e outros organismos dependentes dela, as 3 universidades galegas (o resto das comunidades autónomas tamén teñen os seus propios boletíns ou diarios oficiais)
  • Boletín Oficial da Provincia correspondente (BOP), prazas convocadas polos concellos desa provincia e deputacións provinciais.
  • As convocatorias de emprego e o procedemento de selección de persoal nas institucións da UE podes atopalas no seguinte enderezo: http://europa.eu/epso/discover/index_es.htm#
  • As convocatorias de prazas de interinos/as poden ser publicadas por outros medios (en prensa, xeralmente).

Máis info sobre convocatorias:

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión