Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Alfabetización de persoas adultas

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

¿En que consisten estas actividades?

Alfabetización para persoas adultas - Biblioteca Ágora

Dúas liñas de traballo: unha en colaboración con Caritas na que se busca frear a deterioración memorístico e cognitivo das persoas maiores, mellorar a súa autoestima, socialización e participación social e outra en colaboración cos servizos sociais do Concello destinada ás persoas preceptoras da Renda de Inserción Social (RISGA), novas e sen ningunha formación para favorecer a súa inclusión social e laboral.

Lectura en voz alta - Biblioteca Ágora

Hai persoas que teñen dificultades no acceso á lectura por diversas razóns: pouca ou nula escolarización, mala comprensión de textos, alfabetización noutra lingua...

Trátase de manter reunións para a lectura e análise de textos sinxelos que propicien unha progresiva mellora na compresión dos mesmos, a perdida do medo á lectura doutros textos máis complexos e a mellora na expresión oral e escrita.

Como participar

  • En setembro/outubro ábrese o prazo de inscrición para participar todo o ano.
  • As prazas adxudícanse por rigorosa orde de inscrición
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas dispoñibles: Busca a túa biblioteca

Onde e cando

ActividadeLugarDíaHora
Alfabetización para persoas adultas - CáritasBiblioteca ÁgoraLuns/Martes/Mércores/Venres17:00 horas

Alfabetización para persoas adultas - RISGA

Biblioteca ÁgoraLuns/Martes/Mércores/Xoves10:00 horas
Lectura en voz altaBiblioteca ÁgoraLuns/Mércores12:00 horas

Seguro que tamén che interesa

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión