Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Cursos de español para persoas estranxeiras

Tipo de actividade:

Cursos e formación

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Require inscrición

De outubro a maio. Semanal

En que consisten os cursos de español para persoas estranxeiras?

Estas clases están destinadas a persoas estranxeiras de orixe non hispana que teñan dificultades para comunicarse en español. O seu obxectivo é unha mellora no manexo lingüístico das situacións cotiás e un achegamento, a través do idioma, á cultura local.

As clases teñen unha periodicidade semanal e unha duración de dúas horas.

Como participar?

  • As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse na propia biblioteca de forma presencial.
  • A inscrición supón un compromiso regular de participación, para o que se levará un control de asistencia.

Onde e cando?

Lugar Día Hora Prazas Frecuencia
Biblioteca Municipal Sagrada Familia Martes ou xoves 18:00 a 20:00 h 15 Semanal
Biblioteca Municipal Ágora Martes e xoves

Grupo I 16.00 a 17.00 h

Grupo II 17.00 a 18.00 h

12 Semanal

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión