Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Programa de atención integral para mulleres vítimas de violencia de xénero
Obxecto:
Finalidade: fomentar a recuperación persoal e a reincorporación sociolaboral das mulleres nas mellores condicións persoais, laborais e sociais posibles e, se é o caso, fomentar a recuperación emocional dos e das menores, o restablecemento dos seus vínculos afectivos, das súas relacións familiares e a participación e adaptación social/escolar.
Obxectivos:
Facilitar un lugar de residencia de carácter temporal.
Ofrecer un tempo e un espazo que lles permita (co apoio técnico preciso) reflexionar sobre a súa situación persoal e planificar o seu futuro.
Establecer canles de comunicación e relación normalizados con outras persoas e contornas, como alternativa á contorna sociofamiliar que provocou a crise.
Asesorar e acompañar as mulleres, para que encontren os medios necesarios que posibiliten a súa independencia e autonomía de cara á súa plena recuperación persoal e a súa inserción sociolaboral.
A quen vai dirixido?:
Mulleres vítimas de violencia de xénero.
Fillas e fillos das mulleres vítimas de violencia de xénero.
Recursos materiais:
Equipamento residencial: Casa de acollida para mulleres vítimas de violencia de xénero.
Recursos humanos:
Directora
Traballadora social
Auxiliares de fogar
Asesora xurídica
Psicóloga
Auxiliar de atención cidadá
Máis información:
Xunto coas medidas asociadas ao aloxamento de carácter confidencial e á manutención, ofrece medidas de protección e garante unha atención integral que abarca aspectos psicolóxicos, xurídicos e socioeducativos encamiñados á normalización da súa situación e á superación dos efectos da violencia ou especial vulnerabilidade por razón de xénero.
Este programa ofrécelles ás mulleres (se é o caso aos seus fillos e fillas) vítimas de violencia de xénero ou en situación de especial vulnerabilidade por razón de sexo unha intervención integral a través dun recurso de carácter residencial e temporal.
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible