Concello da Coruña

Concello da Coruña

Espazos de Atención á Infancia

QUE SON?

Son lugares nos que se lles proporciona aos e ás menores acollemento e desenvolvemento de actividades de carácter lúdico-educativas, na liña da educación non formal, presentando a actividade lúdica como un recurso educativo, de socialización e creativo no seu tempo de lecer.

O servizo ofrece un conxunto organizado e integrado de actividades que contribúen á conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

As actividades organízanse en varios bloques: xogo libre; xogo dirixido (talleres e actividades de animación sociocultural); apoio ao estudo (tarefas escolares, aprendizaxe de técnicas de estudo etc.)

Todas as actividades desenvolvidas promoverán a educación para a igualdade ben con carácter específico ou ben de modo transversal.

A quen vai dirixido?:

Unidades familiares con necesidades de conciliación e que teñan menores entre os 4 e 12 anos ou que estean a cursar 1.º de educación infantil.

Organiza:

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación

Requisitos:

  • Necesitar medidas de conciliación da vida persoal, familiar ou laboral no termo municipal da Coruña.
  • Estar empadroado ou empadroada no termo municipal da Coruña.
  • Que se cumpran algunha das seguintes casuísticas: motivos laborais, participación en cursos de formación para a mellora da empregabilidade e a inserción laboral, realización de entrevistas de traballo, situacións puntuais de emerxencia familiar ou acudir a citas de ámbito xudicial, psicolóxico, social, sanitario, educativo ou a actividades de participación social. (Terán que ser acreditadas).
  • Tamén se valorarán as seguintes demandas:
    1. Que o/a menor estea a cursar estudos nun centro de ensino domiciliado no termo municipal da Coruña.
    2. Que o/a responsable do/a menor realice a súa actividade profesional nun centro de traballo domiciliado no termo municipal da Coruña.

LOCALIZACIÓN E HORARIOS

Localízanse nos centros cívicos de:

ESPAZOS PERÍODO LECTIVO PERÍODOS NON LECTIVOS
Centro Cívico Labañou 15:00 a 20:30 h 8:00 a 15:00 h
Centro Cívico Castrillón 16:00 a 20:30 h 16:00 a 20:30 h
Centro Cívico Os Mallos 16:00 a 20:30 h 9:00 a 15:00 h
Centro Cívico Palavea 16:00 a 20:30 h 8:00 a 15:00 h
Centro Cívico Monte Alto * 8:00 a 15:00 h
Centro Cívico Mesoiro * * 8:00 a 15:00 h

*En períodos lectivos, funcionan como ludotecas coeducativas.

O teléfono de contacto do Servizo de canguros municipal é: 673 132 372. O horario de atención é de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres, salvo festivos.

Nota: para os efectos da aplicación dos horarios, consideraranse períodos lectivos e non lectivos os que estableza a Xunta de Galicia no calendario escolar de cada curso para o nivel de educación infantil e primaria na respectiva orde da Consellería responsable de Educación da Xunta de Galicia. Consideraranse períodos non lectivos os das vacacións de Nadal, Entroido, Semana Santa e verán do calendario escolar. Tamén se consideran días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e as festas laborais de carácter local publicadas pola mesma consellería.

HORAS DE USO

Período lectivo:

Con carácter xeral, cada menor fará uso dos diferentes Espazos de Atención á Infancia ata un máximo de 40 horas totais ao mes, coa finalidade pedagóxica de fomentar, na medida do posible, un tempo compartido entre as persoas responsables do/da menor e os seus fillos/as. En todo caso, as circunstancias persoais e familiares das distintas unidades familiares serán valoradas polo equipo do Servizo Municipal de Canguraxe.

Período non lectivo:

Non existe un número máximo de horas.

RESERVA DE PRAZA

PERÍODO LECTIVO:

  • Chamando ao teléfono do Servizo Municipal de Canguraje ( 673 132 372), en horario de 8:00 a 14:00 horas de luns a venres (non festivos), para solicitar espazo de atención específico, días e horarios de atención necesarios como mínimo a semana anterior ao uso do servizo. Poderase solicitar un máximo de 15 días continuados. Haberá que volver chamar para reservar outros días necesarios.
  • En caso de urxencia poderase chamar o mesmo día de atención en horario de 8:00 a 14:00 horas.

PERÍODO NON LECTIVO:

  • Realizando unha preinscrición 15 días do inicio de cada período vacacional escolar antes ( contados de luns a venres, salvo festivos) , a través dos seguintes medios:
    • Presencial: en calquera Espazo de Atención á Infancia, Ludoteca Coeducativa en horario de atención de cada un deles, ou no Servizo Municipal de Canguraxe situado no CIM.
    • Telemática: cubrindo un formulario en liña situado na páxina web de Igualdade e Diversidade.

ASIGNACIÓN DE PRAZA

PERÍODO LECTIVO:

  • Darase cobertura a toda a demanda das unidades familiares ata completar o número total de prazas existentes en cada un dos espazos de atención á infancia. Para iso, establecerase como criterio a orde de chamadas recibidas no teléfono do servizo de canguraxe.

PERÍODO NON LECTIVO:

  • Unha vez recollida a demanda de preinscrición, o persoal técnico municipal en función dos datos recollidos no expediente (ingresos económicos, tipoloxía e número de membros da unidade familiar, casuística de acceso, mulleres que sofren violencia de xénero e existencia ou non de rede socio familiar de apoio), procederá á asignación de prazas segundo o solicitado polas unidades familiares. Todas as unidades familiares que presenten a preinscrición dentro do prazo sinalado e cumpran cos requisitos, non quedarán exentas de asignación de praza. O número de días asignados variará en función da demanda existente en cada espazo. Terán prioridade na asignación:
    • Mulleres en situación de violencia de xénero
    • Unidades familiares monomarentais, monoparentais e numerosas.
  • Posteriormente publicaranse as listas dos/as menores admitidos/as que poderán ser consultados nos propios Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas, chamando ao servizo 010 ou ao Servizo Municipal de Canguraxe.
  • Unha vez asignadas as prazas, os períodos denegados ás unidades familiares serán considerados "lista de espera". Cando queden prazas vacantes contactarase telefonicamente coa persoa responsable do/da menor para trasladarlle os días dos que se dispón.
  • As causas sobrevidas fóra do prazo de preinscrición das unidades familiares dadas de alta no servizo, recolleranse e incorporaranse ao final da lista de espera.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión