Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Actividades de conciliación, corresponsabilidade e sensibilización en materia de igualdade
Fomentan a distribución equilibrada - entre mulleres e homes - dos tempos dedicados a tarefas da vida persoal, familiar e laboral e mobilizan a concienciación cidadá en aspectos relacionados coa igualdade efectiva entre mulleres e homes e en materia de prevención de violencias de xénero.
A quen vai dirixido?:
Cidadanía coruñesa en xeral, organizada (entidades/axentes sociais) e non organizada.
Organiza:
Dependendo das actividades poderán participar no seu desenvolvemento profesionais de entidades sociais/empresas.
Remuneración / Custo:
Contempla as seguintes actuacións:
Actuacións puntuais de promoción da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e de promoción da corresponsabilidade. Materialízanse en charlas, coloquios, foros de debate, exposicións, obradoiros e na elaboración, distribución e traballo sobre materiais didácticos específicos.
Actuacións periódicas de concienciación cidadá en aspectos relacionados coa igualdade e as violencias de xénero. Materialízanse na elaboración, distribución e traballo sobre materiais (específicos e accesibles) de elaboración propia, divulgación dos recursos e servizos existentes e no deseño e desenvolvemento de campañas conmemorativas de datas emblemáticas.
Máis información:
Entre as campañas conmemorativas mencionadas, destacar as seguintes:
Campaña conmemorativa do día internacional das mulleres (8 de marzo).
Campaña conmemorativa do día internacional contra a explotación sexual e comercio de persoas (23 de setembro).
Campaña conmemorativa do día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro).
Cada campaña comprende un conxunto organizado de actividades en función dos obxectivos e do público obxectivo. A súa duración varía entre unha e tres semanas.
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible