Promoven a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes e condutas conducentes á igualdade de trato e de oportunidades entre ambos os sexos, así como a concienciación e o desenvolvemento dunha actitude analítica fronte a violencia de xénero.
Alumnado e profesorado de centros educativos públicos, privados e concertados do termo municipal da Coruña (niveis de educación primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato, ciclos de formación profesional).
Outros centros educativos que traballen con infancia, poboación adolescente e nova.
Dependendo do servizo prestado, trabállase con entidades sociais ou empresas especializadas.
No caso dos centros educativos do termo municipal da Coruña, poderán acceder cumprimentando as fichas de inscrición específicas aloxadas na web educativa www.edu.coruna.es, habilitada polo Servizo Municipal de Educación.
As fichas mencionadas concretan os obradoiros e niveis educativos aos que van dirixidos.
O prazo de inscrición: entre mediados do mes de setembro e mediados do mes de outubro.
Comprende dous tipos de actuacións:
O departamento de servizos sociais/igualdade, contactará directamente co centro educativo para axustar a proposta educativa e planificar a conxunción e a calendarización no trimestre seleccionado.
Os centros ou entidades educativas que traballen directamente con poboación adolescente ou moza que queiran acceder a algún dos talleres ou sesións formativas ofertadas nesta prestación e non poidan acceder ás mesmas a través da web educativa, poderán contactar directamente co Centro de información ás Mulleres (CIM Coruña).
Programa ao que pertence
Prestacións relacionadas
Normativas relacionadas
9 de maio de 2022
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
3 de maio de 2022
O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos
2 de maio de 2022
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación do festival: “Iniciativas como esta axudan a loitar contra calquera tipo de discriminación”
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible