Esta prestación supón incidir en dúas grandes frontes:
Actividades de voluntariado en centros cívicos municipais e entidades da cidade que traballan o ámbito da intervención social.
Esta prestación contribúe a mellorar a situación de empregabilidade do colectivo migrante, incidindo en aspectos como os seguintes: formación específica, formación transversal para a mellora das habilidades sociais e competencias prelaborais e laborais. Desde o Club de Emprego refórzase e motiva unha procura activa de emprego planificada e constante co obxectivo final da inserción laboral.
Promoven a adquisición de coñecementos e o desenvolvemento de actitudes e condutas conducentes á igualdade de trato e de oportunidades entre ambos os sexos, así como a concienciación e o desenvolvemento dunha actitude analítica fronte a violencia de xénero.
Actividade de apoio ao estudo e realización de tarefas escolares para alumnos e alumnas que teñan dificultades para facer as tarefas na súa casa.
Fomentan a distribución equilibrada - entre mulleres e homes - dos tempos dedicados a tarefas da vida persoal, familiar e laboral e mobilizan a concienciación cidadá en aspectos relacionados coa igualdade efectiva entre mulleres e homes e en materia de prevención de violencias de xénero.
Ofrecer a menores e adolescentes inmigrantes competencias educativas que favorezan a súa integración social e permanencia no sistema educativo español.
Conxunto de actividades informativas e preventivas sobre as adiccións e que se traballan no ámbito familiar, escolar e comunitario.
Ten como obxectivo axudar aos/as menores con dificultades cognitivas, de lectura e escritura a superalas a través da realización de actividades vinculadas ao ámbito escolar. Desenvólvese durante o curso escolar.
Accións de sensibilización cara ao colectivo de persoas con discapacidade, dirixidas a toda a cidadanía.
resultados 92
9 de maio de 2022
O acordo posibilitará a posta en marcha de servizos de tradución e apoio en xestións administrativas, sumándose aos traballos que xa se desenvolven na Oficina Municipal de Atención ao Pobo Ucraíno
3 de maio de 2022
O novo centro xuvenil ofrece un amplo catálogo de actividades, orientadas á mocidade de entre 12 e 30 anos
2 de maio de 2022
A alcaldesa, Inés Rey, presentou a programación do festival: “Iniciativas como esta axudan a loitar contra calquera tipo de discriminación”
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible