21 de decembro de 2021
Convocatoria de xaneiro-maio 2022
Preinscrición os días 27, 28 e 29 de decembro
As actividades realizaranse a través de dúas modalidades: presencial e en liña
ACTIVIDADES PRESENCIAIS
Capacidade
Decidirase no momento da inscrición, adaptándonos ao que indiquen as autoridades sanitarias nese momento.
A realización da actividade estará condicionada a alcanzar un número mínimo de participantes, de acordo sempre coa capacidade máxima establecida no momento polas autoridades sanitarias.
Duración sesión/actividade
As sesións serán de un día á semana durante unha hora e media fóra dos apoios escolares cuxa duración será de hora e media dous días á semana .
Preinscrición: 27, 28 e 29 de decembro
Realizarase preferentemente en liña. Para realizar a preinscrición cubrirase o formulario que atoparemos abaixo xunto as actividades de cada centro cívico en PÓDECHE INTERESAR TAMÉN. Ademais pódense consultar no menú superior da páxina, en ACTIVIDADES, e, se se quixese descargar a programación total de actividades e clubs de todos os centros cívicos, pódese ver nos documentos que se achegan.
Cada persoa poderá solicitar un máximo de tres actividades por orde de preferencia e tres clubs (non se poderán pedir clubs e actividades no mesmo formulario, terase que abrir outro diferente.).
Terán preferencia as persoas empadroadas no concello da Coruña.
As persoas que non teñan acceso a Internet, e só nese caso, poderán realizar a preinscrición chamando ao nº de teléfono 881 150 228 eses mesmos días en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.
Publicación das listaxes de preinscrición nos centros cívicos: 4 de xaneiro
Publicaranse dúas listaxes diferentes (actividades e clubs), que se poderán consultar nos centros cívicos, nesta web e chamando ao teléfono gratuíto de información cidadá 010.
Sorteo público : 5 de xaneiro ás 10.00 h
Realizaranse en cada centro cívico dous sorteos independentes, un para as actividades e outro para os clubs.
Reclamacións ás listaxes de preinscrición: 5 e 7 de xaneiro
A través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00.
Publicación das listaxes de admisión e de agarda: 17 de xaneiro
Poderanse consultar nos centros cívicos, nesta web ou chamando ao teléfono de Información Cidadá 010.
Reclamacións: 17 e 18 de xaneiro
A través do 010 en horario de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.00.
Prazo de inscrición e pagamento de taxas: 19, 20, 21 e 22 de xaneiro. O sábado 22 só en horario de mañá.
O procedemento de pagamento será o mesmo que en convocatorias anteriores:
A persoa admitida, recollerá o modelo de taxa-autoliquidación na conserxaría do centro cívico e, unha vez realizado o pagamento na sede bancaria, entregarase o xustificante de pagamento de novo na conserxaría.
A cota de todas as actividades nesta convocatoria é de 11€ fóra dos apoios escolares, cultura xeral e alfabetización, que teñen carácter gratuíto. Tamén terán carácter gratuíto os clubs porque son impartidos por voluntariado,
As persoas que foron admitidas nos clubs, deberán confirmar a asistencia no centro cívico correspondente nestas mesmas datas.
Os clubs terán un carácter anual do mesmo xeito que en anos anteriores (xaneiro-maio/outubro-decembro). Só sairán convocadas en setembro as prazas vacantes e anularanse aqueles en os que os monitores e monitoras decidan deixalo.
Data de inicio de actividades/clubs:
A partir do 24 de xaneiro en función da actividade
Data de fin de actividades/clubs:
Última semana de maio.
Bolsas e reserva de prazas
Haberá prazas de apoio e promoción social previo informe técnico
ACTIVIDADES EN LIÑA.
A través da canle Coruña Acompaña poderanse visualizar diferentes actividades.
Novas relacionadas
Tamén che pode interesar
Programas relacionados
Trámites relacionados
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible