Na actualidade son moitos os usuarios e usuarias que elixen a bicicleta como elemento de mobilidade persoal na cidade.
Coñecer ben as normas, sinais de circulación e cumprimento farán que evitemos moitos accidentes.
Requisitos do sistema de calidade e medio ambiente implantado no Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.
Conducir unha motocicleta é divertido, emocionante, dáche unha sensación de liberdade indescritible e é un medio de transporte económico e rápido, pero tamén sabemos que é un medio inseguro, pois a diferenza dun coche, a carrocería da motocicleta é mínima, polo que un impacto nun accidente será recibido practicamente na súa totalidade pola persoa condutora e/ou o/a pasaxeiro/a, e isto sen contar con algunha caída.
Á hora de levar os nenos ao cole, é importante seguir estes pequenos consellos, para garantir a seguridade dos máis pequenos da casa.
Os recintos onde hai aparellos de gas deben ter unha ventilación adecuada.
O uso inapropiado do lume, os descoidos na cociña e a mala conservación das instalacións de calefacción, poden provocar incendios no noso fogar.
Tanto se é campista, excursionista ou montañeiro lembre que debido ao medio en que se desenvolven as actividades e ao perigo destas, presenta unhas regas e que a imprudencia fai que poidan producirse accidentes. Nunca debe Vde. ir só. En caso de accidente ou perda procure non moverse do lugar elixido para a espera, actúe con serenidade; e notifíquelles o suceso aos grupos de emerxencia canto antes.
As festas son un motivo de alegría e goce para toda unha comunidade. Ao entrar nun lugar de pública concorrencia, fixarémonos nas saídas de emerxencia. Evitar subirse a marquesiñas, balcóns, estadas etc. non usar material pirotécnico se non se é experto... son algunhas das recomendacións para que non se acabe a festa.
resultados 19
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible