Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2022

A bandeira azul ondea xa na praia de Riazor, un dos cinco areais da cidade que contará este verán co distintivo de calidade

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, puxo en valor a calidade ambiental e a limpeza das praias situadas no termo municipal da Coruña

A concelleira de Medio Ambiente e Sostibilidade, Esther Fontán, izou hoxe a bandeira azul na praia de Riazor, distintivo que ondea na contorna do posto de salvamento adscrito a este areal da cidade.

Fontán puxo en valor a calidade ambiental e a limpeza das praias situadas no termo municipal da Coruña. Este verán, e ao igual que na pasada tempada estival, a bandeira azul luce a súa insignia de calidade en cinco areais coruñeses: As Lapas, Orzán-Matadoiro, Oza, Riazor e Santo Amaro.

A bandeira azul é o distintivo co que cada ano a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece aos areais que cumpren os criterios de calidade das aguas e se axustan, ademais, aos estándares sinalados para garantir os accesos e servizos ás persoas usuarias.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión