Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
A través da tarxeta de bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por empregar o servizo público de transporte urbano.
Solicita a túa Tarxeta Millennium a través da Sede electrónica ou de forma presencial.
Tanto para a obtención por primeira vez do Tarxeta Millennium como para a súa renovación.
REQUISITOS:
Ter entre 13 e 25 anos de idade.
DOCUMENTACIÓN:
Esta tarxeta ten unha validez anual a partir do momento da concesión para os menores de 16 anos. Para os maiores de 16 anos a validez será ata a finalización do curso académico, sempre que se manteña empadroado no Concello da Coruña. En caso de variar esta condición, a tarxeta deberá ser entregada nas oficinas municipais para o seu cambio de perfil.
Roubo, perda ou deterioración:
En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pode solicitarse un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique o máis axiña posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.
En caso de recuperación da tarxeta dada de baixa por extravío ou roubo, e tendo no seu poder unha nova, pode solicitar a través dun rexistro municipal a reasignación de saldo da tarxeta dada de baixa á activa. (obrigatorio entrega da tarxeta recuperada)
Substitución da tarxeta por roubo, perda ou deterioración:
É necesario aboar a taxa establecida, 7 €, Ordenanza Fiscal Nº 1, epígrafe 1.11.4).
Normas xerais:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible