Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Cartón que permite estacionar ao seu titular, con calquera vehículo, nos espazos habilitados para o efecto e debidamente sinalizados horizontal e vertical.
Axudas económicas individuais, persoais e intransferibles que se conceden a titulares dun taxi adaptado para o transporte de clientela con mobilidade reducida ou discapacidade, cuxa finalidade é o mantemento e compensación de gastos polos equipos adaptados nos taxis.
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
Tarxeta de autobús para persoas con diversidade funcional, coa cal as súas ou os seus beneficiarios obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
Tarxeta de autobús para pensionistas coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.
Solicitar licenzas de Auto Taxi. Poderán solicitar estas licenzas as persoas condutoras asalariadas dos titulares das licenzas da clase "A", (outorgadas polo Concello), as que presten o servizo en praza, os que teñan exclusiva dedicación na profesión, (acreditada mediante a posesión e vixencia do permiso municipal de conducir), as que estean dadas de alta como persoas condutoras asalariadas na SS, os/as condutores/as asalariados/as e que estean imposibilitados/as para conducir, por motivos de incapacidade física ou enfermidade, así como as persoas que se atopen en situación involuntaria de desemprego.
Considérase transporte de mercadorías en vehículos pesados o realizado en vehículos cuxa masa máxima autorizada sexa igual ou superior a 3.500 Kg. Para a circulación pola Cidade.
Necesitará acompañamento policial todo transporte de mercadorías realizado pola Cidade cando as dimensións ou a masa dos vehículos excedan do máximo previsto no Regulamento Xeral de Vehículos, ou concorran outras circunstancias que o fagan necesario
Considérase transporte de mercadorías perigosas aquelas susceptibles de inflamación, corrosión, explosión ou calquera outra acción química que poida ocasionar deterioración da saúde das persoas ou danos aos bens
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
A través da tarxeta bus escolar, as súas persoas beneficiarias obterán descontos por utilizar o servizo público de transporte urbano.
Importante: para realizar calquera trámite na súa tarxeta física Millennium, por exemplo solicitar cambio de perfil, renovación etc. ten que solicitar cita previa. Todo o que sexa relativo á expedición da Tarxeta Millennium tanto por primeira vez, por mal funcionamento, por roubo ou perda ou calquera trámite presencial só se realizará a entrega nas dependencias da Estación de Autobuses da Tarxeta Millennium. (Presentar solicitudes e entregar documentación pódese realizar nos rexistros de María Pita e Ágora).
Tarxeta de bus xeral coa cal as súas persoas beneficiarias obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano.
resultados 16
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible