Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
COMPOSICIÓN DA MESA DE MOBILIDADE
PRESIDENTE:
SECRETARIO:
VOGAIS
Formarán tambien parte da mesa con voz e voto
O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, informou a todos os Grupos de Traballo das últimas medidas de urxencia adoptadas para facilitarlle á cidadanía as actividades permitidas no plan de desescalada.
O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, comunicoulles a todos os Grupos de Traballo da Mesa pola Mobilidade Sustentable o compromiso do concello de seguir impulsando o plan previsto pola Mesa. A intención do responsable é realizar unha nova sesión antes de que finalice este semestre.
Obxectivo
Seguir traballando para conseguir novas medidas que sirvan para promover unha nova mobilidade que "faga a nosa cidade máis sustentable, segura e accesible". O edil lembrou que o Goberno Local previu aprobar nas próximas semanas a declaración da Coruña como Cidade 30 e a regulación provisional dos Vehículos de Mobilidade Persoal ( VMP), dúas das medidas abordadas pola Mesa antes de declararse o estado de alarma.
Entre as iniciativas pendentes de resolver destacou: A nova Ordenanza xeral de mobilidade, o estudo de viabilidade de novas plataformas reservadas para o transporte público, os procesos de peonalización, as novas previsións do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana cara a unha nova Lei de mobilidade. O concelleiro tamén informou das actuacións adoptadas polo concello con motivo da declaración do estado de alarma para restrinxir a mobilidade da poboación, e agora, na actual etapa de desescalada, para dispoñer de máis espazo público que lle facilite á cidadanía as actividades permitidas polas autoridades sanitarias nos diferentes tramos horarios. A incorporación provisional de carrís para uso peonil e ciclista, a declaración de "Rúas 10" ou a definición de zonas da cidade onde se pode dispoñer de máis espazo para ampliar as terrazas dos locais de hostalería son algunhas das medidas de carácter urxente e provisional que se puxeron en marcha. Aínda que moitas das accións non se puideron analizar na Mesa debido á súa urxencia, Villoslada apuntou que algunhas responden ás propostas recibidas na concellería por parte de diferentes axentes involucrados na Mobilidade. Noutras, explicou o edil, xa se están tendo en conta experiencias que se desenvolven en distintas cidades. Por último, sinalou que a concellería atenderá calquera suxestión, dúbida ou proposta que os membros da Mesa queiran facer.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible