Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Tarxeta Millennium e perfís
Para realizar calquera trámite ten que solicitar cita previa
A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para podéreste mover en autobús pola cidade e pola súa área metropolitana de forma sinxela e económica. Serve tamén como tarxeta identificadora para o servizo de préstamo de bicicletas de BiciCoruña e como carné de socia/o nas Bibliotecas Municipais.
Sistema tarifario de aboamento por recorrencia na Tarxeta Millennium
O aboamento por recorrencia vai dirixido a fomentar o uso do autobús urbano e bonificar as persoas usuarias habituais. Consiste en devolverlle á persoa usuaria o importe das viaxes a partir dun número determinado segundo o seu perfil. Os aboamentos realizaranse na propia tarxeta no momento da recarga a partir do día 5 do mes seguinte ao seu uso.
Transporte público
A Tarxeta Coruña Millennium ofrece importantes descontos nas tarifas dos autobuses urbanos da Compañía de Tranvías da Coruña sen necesidade de dispoñer de diñeiro en metálico e coa máxima axilidade e sinxeleza ao non ter nin sequera que inserir a tarxeta en ningún lector.
As persoas usuarias dos autobuses interurbanos poderán utilizar a Tarxeta Coruna Millennium como tarxeta moedeiro para pagar os seus traxectos metropolitanos. Nos autobuses metropolitanos a Tarxeta Millennium funciona con perfil xeral. Non son aplicables as subvencións ás persoas usuarias correspondentes ao perfil social do Concello da Coruña.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible