Concello da Coruña

Concello da Coruña

Premios Bikefriendly impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

Os Premios Bikefriendly están destinados a recoñecer o esforzo levado a cabo polos entes públicos adheridos á Rede de Cidades pola Bicicleta (RCxB) para impulsar proxectos, iniciativas e/ou accións destinadas a fomentar e facilitar o uso cotián da bicicleta por parte dos seus habitantes.

A resolución da concesión dos "Premios Bikefriendly 2023" levará a cabo durante o acto público de entrega de premios, convocado pola Rede de Cidades pola Bicicleta no marco do III ENCONTRO DA BICI URBANA + PREMIOS BIKEFRIENDLY, que se levará a cabo en febreiro-marzo 2023 na cidade de Sevilla.

CATEGORÍAS DOS PREMIOS BIKEFRIENDLY 2023

1. Liderado e compromiso institucional

2. Infraestrutura ciclista de ámbito urbano

3. Infraestrutura ciclista de ámbito interurbano

4. Infraestrutura de aparcadoiro

5. Educación e promoción

6. Bicieconomía

7. Innovación

8. Aceleración

Bases dos premios BIKEFRIENDLY 2023 impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta

No marco do II Encontro da Bici Urbana celebrado en Málaga, levouse a cabo o acto da entrega dos Premios Bikefriendly 2021.

A estes 8 premios, impulsados pola Rede de Cidades pola Bicicleta presentaron as súas candidaturas 43 cidades e territorios de toda España.

A Coruña foi premiada co Accésit Innova polo seu compromiso, por aproveitar as obras ou actuacións na modificación do tráfico para a execución e incremento da infraestrutura ciclista.

O premio foi recollido polo Comisionado para a Mobilidade, Antonio Alfeirán Rodríguez.

Os premios clasificáronse nas seguintes categoria.

  1. Liderado e compromiso institucional
  2. Infraestrutura Ciclista
  3. Educación e promoción
  4. Bicieconomía
  5. Accésit Innova
  6. Accésit Sprinter
  7. Accésit #30DíasenBici
  8. Accésit En bicicleta ao Traballo

Ademais A Coruña ocupou a segunda posición na categoría de infraestrutura ciclista.

A rede de Cidades pola Bicicleta e Bikefriendly, agradece a participación do concello da Coruña na II Edición dos premios Bikefriendly.

A Concellaría de Mobilidade presentou dúas candidaturas aos ditos premios. Unha delas conxuntamente con Mobi-liza na categoría de Educación e Promoción.

E a segunda na categoría de Infraestrutura Ciclista.

  • Premios BikeFriendly 2021 Rede de Cidades pola Bicicleta

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión