Concello da Coruña

Concello da Coruña

ITS España - ITS Galicia 2021

ITS España celebrou nesta ocasión na Coruña a súa xornada ITS Galicia 2021, o pasado 25 de Novembro. O evento tivo lugar no Museo da Domus

ITS España/ ITS Galicia pretende converterse no Foro Español do sector de sistemas intelixentes de transportes, elixindo puntos de encontros idóneos.

A Xornada conta coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, o Concello da Coruña e ITS Galicia, está patrocinada por ALUVISA, AUDASA, CTAG, ESYSCA, ICEACSA, SISTEM e TABOADA RAMOS.

O Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Juan Manuel Díaz Villoslada, non dubidou en sumarse á celebración e fusionar información e experiencias no sector da mobilidade.

Este encontro estivo dividido primeiramente pola benvida e a presentación da xornada dos colaboradores:

  • D. Juan Manuel Díaz Villoslada, Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade Concello da Coruña
  • D. Ramiro Martínez Rodríguez, Director do Centro de Xestión de Tráfico Noroeste - Cantábrico. DXT. Ministerio do Interior, e Presidente de ITS Galicia
  • D. Jaime Huerta García-Merodio, Secretario Xeral ITS España

Sesión 1: C-Roads: Presente e futuro dos Sistemas Cooperativos en Galicia

Preside: D. Ramiro Martínez Rodríguez, Director do Centro de Xestión de Tráfico Noroeste - Cantábrico. DXT. Ministerio do Interior, e Presidente de ITS Galicia

  • Sistemas Cooperativos en Galicia: actualidade e próximos pasos - D. Francisco Sánchez Pons. CTAG
  • C-Roads Coruña. Dna. Laura Rey . ICEACSA - D. Jaime Huerta. ITS España

Sesión 2 : ITS para a Xestión da Mobilidade Interurbana

Preside: D. Ignacio Ardá Freire, Director de Obras e Proxectos da Demarcación de Estradas de Galicia DGC. Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

  • Presente e futuro dos ITS en sinalización - D. Ramiro Martínez. DXT. Ministerio do Interior
  • Compra Pública Innovadora para a procura de solucións antinéboa na autovía A-8 baseadas en sistemas de axuda á conducción - D. Fernando Díez. DGC. Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana

Sesión 3 : ITS para a Xestión da Mobilidade Urbana

Preside: D. Antonio F. Alfeirán Rodríguez, Superintendente da Policía Local Concello da Coruña

  • A Mobilidade na Coruña, D. Juan Manuel Díaz Villoslada Concello da Coruña
  • Despregamento de Zonas de Baixas Emisións, Guillermo Leira Nogueiras Concello da Coruña
  • Criterios esenciais a ter en conta para a implantación dun sistema de control de ZBE D. Toni Muñoz. ALUVISA
  • Tecnoloxías de vehículo conectado no "mundo real". A plataforma C ITS de Vigo D. José Manuel Martínez. ESYCSA
  • Implantación dun sistema C ITS en Coruña D. Ignacio García. ALUVISA
  • Coruña30

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión